29/01/13

Comer ben estando a dieta?

Si que é posible comer ben e estar a dieta. Demos con este blog que recomenda unhas cousas moi ricas, nas fotos dá gusto velas.

Os Parentes de Sober

Que grande grupo este que tamén se chaman Os Parentes coma nós, pero eles cantan mellor. Esta Balada triste do labrador non ten perda.
 

13/01/13

Oferta e demanda: moras


A 32,89 € estaban as moras onte no supermecado (traídas de México) na foto 1. Na foto 2 un prato de moras de aquí apañadas por 0 € nunha silveira no mes de agosto. Cousas da oferta e demanda. Se se deran as moras no xaneiro en Trasar e nolas pagaran así xa podiamos vender as vacas

12/01/13

Neva en Hemmer

A nosa correspondente en Holanda mándanos foto do que está vendo agora desde a súa ventá, case entra frío só de mirar, abrígate Carmen!

11/01/13

Libro do Centro Galego de Barcelona

Agradecidos que estamos a Don Manuel Carrete por nos enviar este anticipo do libro que se presentará oficialmente o día 19. Nel figura o noso devanceiro tío ocupando unha páxina nada menos que ao lado dun dos galeguistas máis importantes dos últimos anos, Don Basilio Losada

10/01/13

Centro Galego de Barcelona

Xa falamos neste blog do noso antergo Angel González Fernández, o 1º cura da familia, que fora socio do Centro Galego de Barcelona (ver nova). Hoxe lemos en De Luns aVenres: O historiador Manuel Carrete preside desde hai apenas un ano o Centro Galego de Barcelona, con máis de 120 anos de historia e que o xoves 17 recibirá a Medalla de Ouro ao Mérito Civil da man do alcalde condal, Xavier Trías.
Desde Os Parentes queremos sumarnos aos parabéns para o Centro Galego, para Manuel Carrete e para todos os galegos que moran en Barcelona (que tamén alí temos algunha familia)

06/01/13

Xantar típico


Hoxe como foi día de Reis houbo un xantar típico desta montaña luguesa: tripón de porco cocido con patacas, aceite e pemento. A moita xente dálle noxo e máis aínda se notan como cheira cando se coce, pero está riquísimo, marisco de montaña!!!!

2012, ano ben ruín

Canta razón ten este artigo de la Voz de Galicia

01/01/13

3 aniños

Tres anos ten xa este blog, un trienio compartindo cousas con moita xente. Claro que son moitos: 17.482 visitantes que miraron unhas 25.388 páxinas.