30/12/12

Esta nosa terra

Na mesma semana a horas diferentes, fotógrafos diferentes, pero no mesmo sitio, na terraza da Casa do Gil, marco incomparable, ata o Demetrio se marabillou co espectáculo:


29/12/12

Bo aninovo 2013

Curiosa herba 2

Onte era o día das inocentadas ou pegotas, a nosa foi a da curiosa herba.
Realmente é unha herba aínda que non parece. Dáse moi ben na montaña luguesa, no Courel vese polas cunetas e chama a atención que nestes días de inverno bote esta flor tan verde. É tóxica, chamóuselle herba dos besteiros porque se poñía de veleno na punta das frechas. Tamén a usaron os albeites con fins curativos.
Así lucía esta onte na eira do Xan, foi traída hai anos desde Parada do Courel e dáse moi ben en Trasar.
É un helleborus ou heléboro.

28/12/12

Curiosa herba

Esta herba dáse moi ben na montaña, alá polo Courel haina a patadas polas cunetas. Chama moito a atención porque nestes días de nadal/xaneiro bota esa flor verde tan curiosa. Despois de varios anos de probas comprobamos que é de moito alimento para as vacas e ademais cando máis verde está é cando o resto do campo está de invernía. Só nos falta saber se tamén se pode ensilar para aproveitala o resto do ano porque é moi rica en calorías, vitaminas e lacticina. Disque nuns sitios lle chaman herba do gando, noutros herba das vacas e por aquí herba das peghotas. (A foto é de hoxe en Trasar)

26/12/12

Santo Estevo de Cartelos

No día do Patrón, misa cantada e sermón. Hoxe é o patrón de Cartelos.
Non tivemos tempo para tal porque facía os chourizos o Xan. 
Esta fermosura de paisaxe é o que se vía hoxe á mañá desde a Casa do Gil.


25/12/12

Enterro do cura de Cartelos, anos 40




Pinchar para aumentar

Santa Misión en Cartelos

Como houbo unha Misión en Cartelos veu moita xente. Parece que había algo de barullo e o predicador se enfadou e berrou: las mujeres son como las cabritas que no paran se saltar. O caso é que no malladoiro da Casa de Baixo fixeron esta foto de familia (todas estas fotos antigas son cortesía de Lina Simón o mesmo que as informacións de quen é cadaquén)

23/12/12

Figadeira na Casa de Baixo

Foi a matanza dos porcos, xuntouse a tradición (a tixola coas carnes mortas e a paxarela) coa modernidade (delicias de fígado á moda da casa)



17/12/12

Feliz aniversario

Non estamos afeitos a poñer aquí as felicitacións para todos os que cumpren anos. Pero hoxe é unha excepción porque se trata do xefe da nosa curmandade, O Curmán Maior Don Benigno. Lévaos moi ben levados e aínda lle falta un carro de anos para chegar a onde chegou o seu tío Benigno de Trasar, aos 105. Parabéns, querido curmán.

13/12/12

Santa Lucía

Hoxe é do día de Santa Lucía. En Cartelos era festa de pote, había un bocado para os máis achegados. Algunha vez tamén debeu tocar a banda porque alá polo 1959 disque empezou a chover e o Angilitiño da Casa de Baixo desapareceu; todos a buscar no rapaz; menos mal que apareceu, estaba acollido debaixo da gabardina dun músico.
Por certo, gabardina será con b ou con v? Porque na foto non está nada claro iso dos bes e uves:


09/12/12

Ponte Erasmo de Rotterdam

A Carmen foi de visita a Rotterdam e mándanos unha foto. Di que por alí neva moito. Logo veñen as vacacións e xa nos tarda que veña pasar uns días.

05/12/12

Kiwis

Unha das últimas colleitas do ano é a do Kiwi, este ano, por certo, foi abundante