28/03/10

Camiño de Santiago




O noso Curmán Maior é moi andador. Mándanos estas fotos desde Roncesvalles onde está mirando como se pon a xente ao camiño e que di alí un cartel: Santiago de Compostela 790 km. Seica viu alí en Navarra este curiosos recolledor de herba con asento e tirado por animais.

27/03/10

Brasil





Da COOPERATIVA LANGUIRU LTDA de Brasil, veu a visitarnos Mauricio, despois de intercambiar datos e opinions quixo facer unha foto na que saise o León.SAÚDOS a el e os seus socios do Brasil



23/03/10

Santiñas


Aquí por onda nós hai unhas santiñas que andan de casa en casa, botando un tempo en cada unha, neses días hia que coidala e ao final botarlle unhas cadelas. Non sabemos se noutros sitios tamén hai este costume. Esta santiña anda pola parroquia de Pradeda. O outro día estaba na casa do Guerra.

21/03/10

Vaia troita!!!






Non todos os días aparece unha troita no Arransallo, e menos deste tamaño, é normal que Richar e García estean así de contentos cando pasaron a ensinala. A verdade é que parece tan grande como o can, 5 1/2 kilos din que pesa, felicidades aos "pescos"

16/03/10

Temporal


Van aparecendo pouco a pouco os efectos do temporal, camiños atrancados, árbores caídas, levedas nos camiños, o da foto quedou "coas raíces o sol"

14/03/10

Feira do viño en Chantada


Esta fin de semana foi a Feira do Viño de Chantada. Fomos dar unha volta, probar ungún viño, mais sen pasarse para poder conducir. De paso demos un paseo polas ofertas das tendas, como as das irmás Doval.

11/03/10



Onte visitáronnos dous técnicos, para tomar mostras da alimentación, un traballa con máquinas na cima do silo e outro recolle mostras no corredor de alimentación. Temos que estar sempre informados da calidade das nosas materias primas para poder axustar a ración de xeito que a alimentación sexa a mellor e os custos o máis axustados posibles por mor da crise. Di o noso presidente que desta imos saír, e o secretario afirma que sairemos reforzados.

08/03/10

Chinchón



Un seguidor do blog dos Parentes, sabedor de que o noso Presidente botou de rapaz moito tempo en Chinchón, mándanos esta foto dun coche ben vello de alí

07/03/10

Desde Hervás (Cáceres

Mándannos saúdos aos Parentes. Nestas curiosas casas hai un museo de motos e coches antigos. Seica en Hervás tamén chove moito.

02/03/10

León


Hoxe o León fíxose cargo da custodia do Arransallo, é xefe de seguridade de trescentas e pico de vacas, ademais ten que coidar das instalacións. Seguro que quen mais o molesta é algún raposo dos que acostuman a curiosear polas noites. Longa vida LEÓN!!

Vacas no Cifras e Letras

Hoxe o Cifras e letras na Galega (mentres dormitamos co xornal diante despois de xantar) estivo dedicado ás vacas. As dúas palabras para atinar foron rabo e bosta, que nós ben coñecemos. Onde nós fallariamos sería coa palabra que puxo un concursante, robada, e non lle valeu. En Trasar sempre falabamos dunha robada de pan, pero se non vén no Xerais teremos que pasar sen ela. O Sr. Mira di que el algunha vez munguiu unha vaca, que a vaca que máis pesou pasaba de 870 kg. Xa sabiamos que é un home ben preparado. A Sra. Castaño tamén falou das vacas tolas, unha muller ben aguda e ben guapa. Ademais dixo que unha tal Lupe Gómez é a mellor poeta das vacas. A ver se atopamos algunha poesía dela para ler cando vaiamos coas vacas como facía o noso veciño poeta Emilio Álvarez no prado dos Currás.