30/08/14

Os Chousos



O camiño real pasaba por Trasar, de Trasar de Sabugueiro cara a Chantada (moitas recuas cargadas, mesmo de ferro), e atravesaba a devesa dos Chousos, un dos sitios que máis respecto metía noutrora. Os homes, se tiñan que pasar por alí de noite, adoitaban levar a escopeta, por seacaso. Disque había un “medo”: aparecía os días 4 cando había feira no Coedo pero só se vía cando se ía e non á volta, tampouco se vía cando ía un só. Segundo se andaba pola recta do camiño o medo ía desaparecendo, era coma un frade lendo nun libro. Tamén hai quen dicía que o tal medo era un escapado ou facineroso  para que a xente non se lle achegase. Isto cóntao o Manolo do Tío Bernardo. O Xan engade que por alí tamén deberon matar un francés nos tempos da guerra de independencia e que antes de morrer pedía en francés que o deixasen que tiña fillos que coidar. Hoxe pasamos por alí no coche sen medo ningún, outros tempos.
Dinos o noso asesor de nomes que Chousos significa eidos cerrados, cerradas

28/08/14

Lecer



Pois agora que o Pepe volveu das Américas, o Xosé e a Marta puxéronse a degustar un bacalhau portugués e o Xan unha sidrina asturiana en Oviedo


27/08/14

Día negro

Pois si que foi onte un día negro en Chantada, no mellor das festas, no día das empanadas, estes tristes sucesos

26/08/14

Demo de xabarín



Pouco máis pode asoballar o xabarín, teno todo medio dominado. Como pegue coas uvas da ribeira en Carcacía, vai ser boa.

23/08/14

Contos do MTB



Había unha vez unha moza rica que namorou cun mozo rico e antes de casaren o mozo deixou o tabaco, que fumaba moito. Pasada a noite de vodas a nai preguntoulle á filla casada, e que tal foi? e el cumpriu? Contestou a rapaza: non, mamá, non foi nada. E así varios días ... non era nada. A nai xa se empezaba a preocupar cando a filla lle dixo: díxome el que se non fumaba non podía cumprir. E alá vai a sogra, mercou uns cartóns de tabaco e cando entraba na casa preguntoulle o home: e para onde vas con tanto tabaco?  Di ela: é para o xenro que ben lle cómpre e ti tamén podías fumar algo máis.
Outro conto do Manolo TB, como el di é moi distinto ser un ocurrente que ser un rente ó cu

Por certo os de Vicky Polard conseguírono, parabéns, grazas a 58 mecenas van facer o disco.

22/08/14

Fin de semana de festas



No Facebook de Terras do Incio cítase este blog dos Parentes por mor dunha foto da festa da Cervela. Seica son esta fin de semana as festas de Santa Lucía na Cervela. Alí estivo de crego moitos anos o noso tío José. Cando eramos rapaces a Madriña (a Tía Concha do Tío Bernardo) íanos levando por quendas á festa da Santa Lucía para que viramos os danzantes famosos. Era unha muller moi meniñeira, tivemos sorte que fose a madriña de varios curmáns. Saúdos para toda a familia da Casa da Eirexe especialmente para a Señora Mercedes.
E como tamén son as festas de Chantada saudamos a todos os lectores e amigos chantadinos.
Por aquí así de bonito está o millo barbado. Parece vestido para unha festa.