31/10/15

26/10/15

Sorte tivo o animal con tan boa coidadora

Na foto non vemos o "abuelo", El foi o "armadanzas " que mercou o burro para a súa neta. A neta seica quería un cabalo, pero pásao moi ben co burro. Ai, quen fora avó para facer o mesmo!
 

25/10/15

O que nace para ochavo nunca carto paga

Refrán da Pilar de Baixo: o que nace para ochavo nunca carto paga. Parece que o ochavo era unha moeda ruín, por iso o que nace mala persoa ou ruín nunca será moito de fiar nin será de proveito

20/10/15

O leite sobe de prezo 5 céntimos para o que o compra e para nós só 1 céntimo

Dío hoxe La Voz de Galicia (VER). Así que xa se ve para que serviron as tractoradas e protestas, para engordar os que xa estaban gordos. Os pagáns, os de sempre: nós os gandeiros e os que mercan o leite. É triste, pero é...

10/10/15

Remate da ensila

Andan dúas máquinas traballando, andamos a toque de caixa para terminar antes de meter o millo antes de que chova

03/10/15

Volve pronto e co brazo dobrado

Dixo a señora en Xagrade "volve pronto o co brazo doblado". Iso me contestou en Xagrade a veciña do Armando, cando despois de mirar un puzo xa eu me despedía, presentoume os veciños e eu pedinlles que cuidaran ben do novo veciño e foi cando ela mo dixo. Nunca tal escoitara ...

Explicación da frase: co brazo dobrado tendo conta da cesta chea de viandas