27/04/10

Pablo Carpintero


Xa falamos outras veces neste blog dos Parentes do noso veciño ilustre Pablo Carpintero. Hoxe lemos que: O xurado da vixésimo quinta edición do premio Antón Losada Diéguez decidiu outorgar os galardóns a Pablo Carpintero Arias, no eido de investigación e ensaio, e a Domingo Villar, en creación literaria.

O primeiro resulta premiado polo seu traballo Os instrumentos musicais na tradición galega, unha obra da que o xurado destacou “a súa singularidade ao recuperar un mundo que se está a perder e que abarca todo o dominio lingüístico do galego” e que “é unha contribución singular para salvagardar o noso patrimonio material e inmaterial”, que resulta “amena e adsequíbel para todo tipo de públicos”.
Os Parentes sempre nos alegramos do bo facer da xente da nosa terra.

22/04/10

Hai que sanear


Estes días andamos a sanear algunha finca, estamos á espera de melloría no tempo para empezar a abonar e arar, para sementar o primeiro millo. Tamén estamos a plantexarnos onde sementar as patacas de consumo este ano.

20/04/10

Xente do Incio


Hai hoxe catro anos estabamos en Trasar no velatorio do noso tío Anxo. Laura Celeiro mándanos desde o Incio esta foto del que non coñeciamos. Conta que a Asociación Os Fanagueiros de Eirexalba organiza anualmente un concurso literario en galego no que participan nenos, e entregan premios. Agora xa van pola edición número 24 e a máis publican unha revista cos traballos dos cativos, fotos do pobo. É moi bonito. Esta foto é dos inicios do concurso (anos -80). Graciñas, Laura, desde Os Parentes.

19/04/10

Casa rural


Paseando a María Xosé e o Xan pola Ribeira Sacra deron cunha casa rural moi bonita, a Rectoral de Castillón. E falando con quen os atendeu souberon que se trataba de alguén apelidado Grande. Como a avoa da Mamacarmen era Encarnación Grande e veu de Vilaquinte, a ver se se trataba dun parente? Certamente era un parente dos Parentes, da familia da Torre. Se queren saber algo da casa rural pinchen aquí

17/04/10

Visita ao Tío José en Torrejón


Hoxe foi a mamáTía Pilar visitar o Tío Pepe en Torrejón de Ardoz., como se ve na foto. É o único cura que nos queda na familia que foi Dos Curas. Desde aquí un abrazo para el e a familia Spina.

16/04/10

Cabodano


Xa vén aí o 19, en que se cumpren 4 anos do pasamento do noso tío e impulsor da sociedade dos Parentes, o cura do Incio, don Ángel ou Anxo. Pero a súa memoria segue viva. Así o demostra esta anécdota que nos conta a súa amiga Laura Celeiro: foi nestes días unha excursión de xente do Incio a Ribadeo (programa km0 da Deputación). Estando no restaurante El Marinero o dono ao saber que eran do Incio preguntoulles polo cura, que era moi bo amigo seu e xa había tempo que non sabía del. (foto dos do Incio)

14/04/10

Santa Virxe do Faro, santa querida


Eiquí onda nós non hai santa máis avogosa cá Virxe do Faro. Atopamos esta película de hai máis de 30 anos. Igual se pode ver algún coñecido: ver en calidade normal ou alta

13/04/10

A nosa Maricarmen


DOG, 13-04-2010. CONSELLERÍA DE FACENDA. Resolución do 5 de abril de 2010, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo de consolidación de emprego para o ingreso na agrupación profesional de persoal subalterno da Xunta de Galicia, nomeado mediante Orde do 20 de febreiro de 2009, publicada no Diario Oficial de Galicia número 40, do 26 de febreiro, pola que se dá publicidade á relación de aspirantes que superaron o proceso.

1 Castroagudín Morono José Antonio 2 Piñeiro Blanco Amalia 3 Rey Silva María del Carmen 4 López García Alberto 5 Núñez Vilariño María Montserrat 6 Noya Fraga Estrella Concepción 7 Legaspi Tosar María Montserrat 8 Fernández Durán Paulino 9 González Guerra María del Carmen...

Moi aguda a nosa irmá e curmá. Sacou a praza sen recomendación ningunha, co seu esforzo. Aínda que ela e a súa mamá din que estaban de padriños a Virxe do Faro, a Virxe de Fátima e o Bom Jesus de Braga. Aínda así, algo tería que ver o moito que rompeu os cóbados estudando.

08/04/10

03/04/10

Máis sobre a choiva

Non mexes no poste... ¿non sabes que poden trasmitir que chove en Galicia? Filosofía de cans neste fermoso debuxo de Ramón Pernas.

01/04/10

Chove sobre mollado


Non deixa de chover este ano, estamos retrasando a campaña de estercado para ensilar debido á moita auga que temos nas praderías. Onte mesmo vimos o rego que corrre polo Chouso de Vilaguillulfe, case dá para moer un muíño. Claro que o refrán di que mentres tempo non vén, sazón non pasa.