22/10/17

Pedinlle leite á vaca

Hai un dito:
"Pedinlle leite á vaca,
a vaca pediume herba,
pedinlle herba ao prado
e o prado pediume rega"

Menos mal que algo choveu!

13/10/17

Outro dito do Manolo do Tío Bernardo


O que non come graxa come pan sen tasa
Nos tempos de "necesidá" non se comía máis ca pan, bica de millo e algo de leite. O becerro era cousa de ricos e o porco escaseaba. Por iso o que non comía carne tiña que lle atacar máis ao pan (centeo, claro).

03/10/17

Díxolle a perdiz ao coello...

Máis cousas do Manolo do Tío Bernardo:
"Díxolle a perdiz ao coello: que fas aí meu vello? Que fas aí perdiz? díxolle o coello"

15/08/17

Microtoponimia. Os nomes dos eidos dos Parentes

Abrimos nova páxina nos Parentes: nomes dos eidos que traballamos e outros veciños que coñecemos.
Agradecemos suxestións e iremos mellorando a páxina co tempo.

ENTRAR

10/08/17

Reunión da familia dos Parentes 2017

-No Pazo de Sabadelle.
-4 xeracións de González
-Desde o máis novo Aldán
-Ata os máis veteranos: Pilar, Lina, Manolo