27/02/15

24/02/15

Para botar un sorriso

rdase no Museo Pedagóxico de París. A redacción dun neno sobre que é unha vaca? 
A vaca é un mamífero. Ten seis lados: o da dereita, o da esquerda, o de arriba, o de abaixo. O da parte de atrás ten un rabo, do que colga unha brocha. Con esta brocha espántanse as moscas para que non caian no leite. A cabeza serve para que lle saian os cornos, e ademais, porque a boca ten que estar en algures. Os cornos son para combater con eles. Pola parte de abaixo ten o leite. Está equipada para que se lle poida munguir. Cando a monguen, o leite vén e xa non para nunca. Como se arranxa a vaca? Nunca puiden comprendelo, pero cada vez sae con máis abundancia. 
O marido da vaca é o boi. O boi non é mamífero. A vaca non come moito, pero o que come cómeo dúas veces, así que xa ten bastante. 
Cando ten fame múa, e cando non di nada, é que xa está chea de herba por dentro. As patas chéganlle ata o chan. As vacas teñen un olfacto moi desenvolvido, polo que poden ulir desde moi lonxe. É por iso polo que o aire do campo é tan puro.

20/02/15

Danzantes da Cervela

Na Cervela estivo moitos anos de cura o noso tío José, e aínda conservamos alá a amizade coa familia da Casa da Airexe. Topamos este vídeo moi ben gravado da festa do ano pasado, felicitacións para o seu autor

13/02/15

Hoxe é San Benigno

Sempre se celebrou na Casa do Tío Bernardo o santo de Don Benigno, o noso centenario Tío Benigno. Festa grande e de moito cura. Contan que hai anos mesmo se gobernaba algunha lamprea que lle regalaban ao Tío Ánxel cando estaba de cura en San Vicente de Pombeiro, alá no Sil. Aproveitamos para felicitar ao noso Curmán Maior, Don Benigno, que sempre se queixa de que polo día de hoxe sendo rapaz ía a Trasar e ninguén o felicitaba, todos os parabéns eran para o Tío Benigno da foto

12/02/15

Campo Galego

Unha boa nova, un novo portal de noticias sobre o campo. Estaremos pendentes e poñerémolo nos favoritos: Aquí podemos velo

10/02/15

Non estamos de acordo con Xavier Vázquez nin coas autoridades do Ministerio

El ten todo o dereito a opinar e nós tamén, pero temos visións diferentes.  Parécenos que no tema de ornitólogo terá razón, pero en volver ao minifundio e deixar de botar millo igual ten algunha lagoa o señor posto que a existencia do minifundio esixe unha grande parte da poboación traballando no campo (se falta esa poboación volvemos ao monocultivo e abandono das terras). Para que funcione o monocultivo a poboación precisa dun poder adquisitivo que non xera. O minifundio non fixa poboación no rural, ata o de agora non o fixo. Pero o mellor é ler e logo opinar. Poden ler aquí esas declaracións. 
E falando de declaracións, así nos vai con estas autoridades do Ministerio de Agricultura, nótase que eles non viven do traballo nas explotacións, non hai máis que escoitar estas declaracións no minuto 25, nótase  que se lle vai man cara á dereita.

05/02/15

Neve dous

Parece que nevou aquí pero máis o fixo en Medina de Pomar, na foto que nos manda o Paulo non hai máis que fixarse no paraugas da Laura para ver a profundidade

04/02/15

Neva en Trasar

Pero aínda neva máis en Medina de Pomar, alá onde están os sobriños Paulo e Laura.

02/02/15

Neve e Candeloria

Tivemos neve uns días. Dixo un "año de nieves año de bienes" e respondeu outro "si en tu casa los tienes". 


Hoxe día 2 é a Candeloria e "Se  a candeloria chora mitá do inverno vai fóra, que chore que deixe de chorar, mitá do inverno está sen pasar"

(Máis cousas do Manolo do Tío Bernardo)