27/06/11

25/06/11

Xubilación

A xeración dos Parentes xa se vai facendo maior. Resulta que o noso Curmán Maior, o profesor Don Benigno, se prexubilou estes días. Alá en Noia foron moitos os rapaces que pasaron polas súas clases e seica gardan un moi bo recordo del, que era moi bo profesor. Así que agora terá moito máis tempo para os labores de represenación de Curmán Maior e outras actividades.

24/06/11

Un aturulo e unha muiñeira

Onte foi a noite máxica dos lumes e das meigas. Hoxe é o día de San Xoán, o santo do noso Presidente (convida  a unha copiña de licor) e o aniversario da Helena. Podémolo celebrar botando un aturulo e escoitando esta versión antiga da nosa muiñeira preferida

16/06/11

A Panorama en Pradeda

Demetrio e Manolo miran para a orquestra Panorama con moito interese, pouco baile pero moito espectáculo.
 

15/06/11

Chegou a crise a Pradeda?

Pois parece que non porque nada máis e nada menos que a orquesta Panorama actúa en Pradeda polas festas do San Antonio, nunca tal se vira, quen lla dera nas festas da Barrela ou de Castro, e case de Chantada.

Próximas actuaciones

FechaHoraLocalidadProvinciaCon
15-06-201123:00PRADEDA(CARBALLEDO)Lugo-

11/06/11

Raposo

O Raposo está indignado, quere saír da balsa pero non dá agatuñado, teremos que axudalo cunha escada

09/06/11

As cegoñas

Antes que non había cegoñas nacían moitos nenos nesta terra, agora que hai moitas cegoñas nacen poucos meniños. Conclusión: non deben ser as cegoñas as que traen os rapaces.
A foto non é moi boa porque como pagan pouco o leite temos un móbil algo ruín para fotos. Aínda que tamén pode parecer unha foto artística. Pero o que se ve son cegoñas nun prado.

05/06/11

Armar unha gaiola

Hai anos os rapaces armabamos gaiolas para pillar paxaros. Na casa do Gil aínda se conserva esta do Antonio (daquela o Toñito) -Foto Bernardino-