31/07/15

A seitura

Agora xa non se fai a seitura a man. Conta o Manolo do Tío Bernardo que o maioral era o que facía a cuadrilla de alugados que ían polos pobos segando o pan. Logo era o que se ocupaba dos contratos de cobrar, etc. Era tamén o primeiro en saír cos seus regos. O último era o rabeleiro, que tiña que ser o mellor segador porque se algún do medio deixaba un rego el tiña que se facer cargo, tamén ás veces algún lle axudaba collendo un rego do medio un anaco. Cada dous segadores formaban unha lucha, o primeiro botaba a palla para atrás e o segundo enriba da del, por iso cada seis segadores precisábase unha atadora

E aí vai o canto da seitura de Fuxan os Ventos

21/07/15

Segando herba con boa compaña

Foi na Zanca do Xan onde nos fixeron compañía esta morea de cegoñas. Así dá gusto traballar. Antes dicíannos que os meniños os traían as cegoñas ... había moitos meniños e non viamos cegoñas. Agora vemos moitas cegoñas pero o que case non se ven é meniños nesta terra!!
 

14/07/15

10/07/15

Medra coma auga na fonte

Nos Parentes somos amigos de recoller frases que nos gustan. "Medra coma a auga na fonte" foi o que dixo a Marta ao ver unha foto do seu bisobriño Aldán. E que hoxe a Marta ten o San Cristovo que é o patrón, aínda que ela non está para festas que ten que recuperar o seu brazo primeiro.
Pero visto como andan as cousas na nosa profesión o que si recomenda a Marta é ver esta foto

05/07/15

Seguimos coa herba seca

Segundo a Pilar de Baixo dicían os de antes de que a herba cando estaba en sazón e ben seca debía cheirar a mazás maduras. E que cando collía os orballos do agosto no secado, aínda cheiraba máis. Non podemos agardar ao agosto, imos mirar a que cheira!

02/07/15

Seguimos coa herba

Na finca A Lioba, en Trasar de Sabugueiro, os paos  de San Pedro son tan grandes coma o tractor