28/01/14

O casado novo



Era un que casou e como non se sentía moi seguro falou co pai. Este díxolle que se se vía nalgún apuro que lle axudaba el. Na noite de vodas por se había problemas o pai durmiu no cuarto do lado e díxolle ao fillo que chamase se lle cumpría. Ao fillo deulle ganas de facer as súas necesidades e saíu pero o piso estaba vello, romperon as táboas e o mozo caeu no escusado na merda.

Fillo: estou no burato!

Pai: pois empuxa!

Fillo: pero é que estou na merda!

Pai: pois cambia de burato!
(son os contos do Manolo)

26/01/14

19/01/14

De quen vés sendo? TVG: Os Parentes

O Xan de Baixo, a Tita do Penete, o Pepe do Tío Bernardo ... os nomes das vacas ... quen non vise o programa ten aquí a nosa parte:

17/01/14

17 de xaneiro

Santo Antonio verdadeiro 17 de xaneiro e se a súa festa lle fan, 13 de San Xoán. Ou algo así. O que non sabemos é se no Santo Antonio de Louredo do Padre Casares tiran o porco do campanario en xaneiro ou polo San Xoán.
O que si sabemos é que vén un día frío. Di a Alicia de Rubián de Cima: En Xaneiro sete capas e un sombreiro.

13/01/14

As almas do Fental

Se aínda non viron As almas do Fental aquí llelo deixamos, dirixida por David Vázquez (chantadino e ribeirao el), que tamén dirixiu Asolagados (da que xa lles falamos aquí varias veces). O mércores comeremos coa produtora Cristina López. Canto lle temos que agradecer a esta xente nova que traballa e tira polo país con moita enerxía e con produtos de moita calidade, grazas a esta mocidade ben seguro que non acabará toda a comarca convertida nun Fental.

E aquí Cristina fala dos Asolagados

09/01/14

Triana

A nena chámase Triana, a veciña máis nova de Cea, unha meniña que naceu con un pan debaixo do brazo (filla de panadeiros), ademais de todo iso é a afillada do informático dos Parentes ... que riquiña!!!!

08/01/14

Manuel Buciños

Saúdos para o noso amigo e admirado Monolo de Buciños, un dos máis grandes na escultura galega. Saíu onte na Tvg2

07/01/14

Os Magos na Barrela

Chegaron os Reis á Barrela e alí estaba a nosa amiga Sara de Trasar (como pode verse no vídeo de Televinte)

05/01/14

Regalo de Reis enxebre

Na internet atópase de todo, a xente ten humor, que ben cómpre

Os nomes da Aguada

Tamén levamos algúns eidos na Aguada de Carballedo. De novo miramos o que di Don Nicandro Ares sobre os nomes dos lugares.


Aguada: auga levada, traída ou abundante (aqualata)
Agrexán: agro de Xián ou de Xoán
O Alto das Lamas: como o nome indica
Bidueiros: árbores do mesmo nome (betula)
A Corveira: sitio frecuentado por corvos (corvus)
A Eirexe: o lugar da igrexa (ecclesiae)
Enxerto: plantación de árbores, árbores enxertadas (insertus)
Fufín: do nome de persoa Fufinus ou Fofinius
Marrubio: nome de planta e dunha cidade en latín, marrubius
Nodar: do nome de persoa Notarius
Pico: alto dun monte, picus
Quintela: antes foi Quintanella, que viña de Quintana –mercado-, derivado de Quinta (parte dos froitos que se pagaban de renda ao dono)
Sever: (vila de) Severio, nome de persoa

04/01/14

Noite de temporal

O temporal deixounos sen luz e houbo que procurar un grupo electróxeno para podermos munxir


01/01/14

Santo dos Manuel e Manolo

Aínda que non o celebre hoxe é o San Manuel, así que de parte do Xosé Manuel felicidades para o Manolo do Tío Bernardo, o Manuel A. Glez. Simón de Canarias, o Manuel futuro fisioterapeuta, o Xosé Manuel García, o Manel e para todos os Manueles e Manolos amigos dos Parentes ou visitantes das súas páxinas na rede.
Aínda así imos ver como están as navallas
 
O ano acabou ben, ou iso pensa a cadela vendo as uvas
E a Pilar de Baixo segue coas súas visitas coruñesas (Anita)