13/06/17

Festas en Pradeda

Santo Antonio.
Hoxe día 13 é o Santo Antonio de Padua ou Santo Antonio de Lisboa (morreu en Padua e naceu en Lisboa), o que é avogoso para buscar obxectos perdidos. De nenos os Parentes aprendemos o "Responso de San Antonio" de memoria, na Casa de Baixo entraba dentro do rezo diario do rosario. A avoa Servanda do Barrio tíñalle moita fe, se lle guiaba o responso a cousa sempre aparecía por moi perdida que estivese.
Outra cousa é o Santo Antonio Abade, o patrón dos animais, qu
e se celebra o 17 de xaneiro.
Por iso se di: "Santo Antonio verdadeiro dezasete de xaneiro, se a súa festa lle fan trece de San Xoán"
O señor José contaba un dito dos portugueses: "se Deus nao fora Deus Santo Antonio seria Deus", tanta fe lle teñen os nosos veciños.
É a festa en Pradeda...

02/06/17

Febreiro camiseiro, San Xoán borralleiro

FEBREIRO CAMISEIRO, SAN XOÁN BORRALLEIRO
Cando lle dixemos a un patrón que estaba fresco e neboento, soltounos isto que dicía seu pai, que cando vai calor no febreiro han vir días frescos en xuño.
Nós coñeciamos o de "febreiro camiseiro, nin boa meda nin bo palleiro", mais non este refrán