26/05/13

Silo da herba 2013

Xa está tapado, rematou a ensila da herba, colleita regular en cantidade. Agora a botar o abono para sementar o millo.

22/05/13

Máquina de mallar o pan

Hai ben anos xa que se usaba esta malladora (amarela) unida por unha polea ao motor. Despois había que pasar o grao pola aventoadora (verde). Tempos aqueles.
Foto tomada na Casa do Queixo en Sobrado dos Monxes. Unha granxa na que os rapaces dos colexios aprenden a facer queixo e a coñecer os animais.

18/05/13

Letras Galegas en Londres

Falando en galego con...

Pasou o Día das Letras Galegas e nós seguimos falando o galego coma o resto do ano, non coma os xornais que onte traían a portada en galego e hoxe xa lles esqueceu. E temos que falar galego cos animais que coidamos porque é o que eles entenden.
Por exemplo cos porcos usamos frases coma estas:
- Choo!
- Cach (Cax)!
- Gou fruxe!
- Ei! To chi!
E non sabemos como se din noutros idiomas. Para o inglés preguntarémoslle ao Miguel que está en Londres, para o holándés á Carmen que anda por alá, para o castellano ao Paulo que mora en Puebla de Sanabria.

17/05/13

Día das Letras Galegas: eidos traballados

No Día das Letras Galegas as nosas vacas dan leite galego igual que todo o ano, xa que se alimentan dos pastos e millo que dan as fincas que nós gobernamos, que son galegas ata de nome case que todas elas:

Portacales Xan
Portacales-Lamatravesa
Cortiñas Lina
Cortiñas 2,3
Zorros
Paramios+ Chau carballo
Rulleiro
Revolta
Rigueiras+ Val+Billerma+ Vi
Súas Hortas
Tras das Airas+ HI
 Lamela
Paradela
Zanca
Purreira
Currás
Salgueiriños
Lobos
Lamas
Cerrada
Arransallo 2
Arransallo nave
Costa Parentes
Rexedor
Bubaíña
Muíño Pataqueiro
N. Quintá Xurxo(pueblo)
Prado Quintá Xurxo
Naveira Quinta
Muíño Vello
Vales
Bouzas
Buratas/ Rebouza
Freos
Pacento
Recobio
Salcedo
Do Antonio coop
Do Antonio coop 2
Portacales Teresa
Martina
Do Antonio curva río Cea
Rulleiro (Villa.)
Agro + Couto
Portapena
Leira das pedras
Tras do outeiro
Campaza
Leiro do Afonso
Chouso
Castiñeiras
Castiñeiras de riba
Nabeira do cabo
Leiro do carballo
Leiro largo
Burgás do tanque
Peago
Prado do cabo
Fonteiriña (pinos) Fel
Cubelas (Quintela)
Cima da leira F+D+A+I+P
Leira largo Fel+ Isabel
Prado grande (curva) Fel
D Antonio despois Pegerto
Tras Gas Largo Antonio
Tras Gas Ant, Mais largo
Quintela Ant Garaxe+ Peg
Lobagueira Monte
Lobagueira agro carretera
Sillán
Sillán
Corveira Húmedo
Corveira Do Rego
Corveira Agros
Corveira despois da ponte
Corveira do establo
Corveira entre carreteras
Corveira Monte
Carneiro Zanca
Carneiro Corres
Carneiro Vilar de Mulleres
Carneiro Paramios
Carneiro Piñeiro
Carneiro Corres 2
Carneiro Lama Lobelle
Carneiro Lamela
Carneiro Lamacoba
Carneiro Rebouza Areal
Carneiro Chaos
Carneiro Casouril
Carneiro Rulleiro
Carneiro Muiño
Carneiro Icos
Mestre Prado o lado Guerra
Mestre Centro med. Carretera
Mestre o lado pinos Feliciano
Mestre entre felicianos
Mestre Hermida
Mestre Quintela pueblo
Suso Barrela
Suso Vilar de Mulleres leira
Suso V Mulleres prado
Pegerto Leira des Feli
Do Antonio Icos ( prado)
Do Antonio centro Medico
Devesa Pataqueiro
Jose Maria P Lobelle
Bouzas Pegertiño+ Hig
Tercellos
Loureiro pequeño
Muro
Corveira novo
Isabel
Cerrada Pegertiño
Lama Pepe Portacales
Pegerto novo
Cerrada 2
Pegerto o lado paxaro
Pegerto lado Suso
Pegerto Chalé
Pegerto prado
Lobelle cruz Cita
Buratas Cita
Agro seixo
Pegertiño Outeiro
Lob Tras das airas
Corveira Anaco Agro
Couto
Antonio prado Icos ( Suso) ?
Antonio  Hermida Prado
Mestre Hermida 1/2
Ofelia Quintá
Freos+ Rio+Guerra+cita
Teresa Portacales
Carneiro  Tra Sabu
Pegertiño Portacales
Pegertiño entrada portacales
Peger Lioba
Peger fondo do agro
Peger agro porta  3
Caracol
Santisimo 3
Peger Triangulo cima pista
Pegerto Largo subindo pista
Pegerto Subindo Izq.  4
Canolas Villa
Lobagueira Agro +puzas+
Lobagueira Varios Casa Salú
Suso Icos ( castiñeiro)
Randolfe Lamas
Casvicente
Cornelle
Xesteira
Pedras
Devesa + Marta
P Lobelle
Fondós
Monte
Lama
Subodega ?
Subodega de dentro
Entrada
Paso p Ga antes
Gatón de fora
Gatón
Carretera
Ramos
Vil Mull Suso Prado
P Lobelle Avelino

12/05/13

Pan de Cea

Cando hai fame nada mellor ca unha robada (rebanda) de pan de Cea con algo de compango, estes días que traballamos abondo na ensila ataca a fame. Aquí queda o pan de Cea ben explicado

01/05/13

Consultar este blog desde o móbil

Á dereita hai unha imaxe de códigos QR, captúrala co lector de qr do móbil e conectarse directamente ao blog, agregar a páxina a marcadores ... e no futuro xa será máis doado seguir o noso blog porque está optimizado para ler nos aparellos móbiles.