31/03/15

Unhas horas de cotas

Despois de moito tempo acábanse as cotas do leite. Foron moitos anos facéndonos con cota, mercando (ás veces ben caro), alugando ... gastando moitos cartos para poder producir leite sen excedernos e non ter que pagar multa. Así ata hoxe. E mañá todos eses investimentos non valen nada, serán aire, fume. E se aínda fose para mellorar e ter seguro que nos ían pagar o leite como é debido? Pero mentres poidamos seguiremos coidando e muxindo vacas, porque é o que sabemos e queremos facer. A ver se o conseguimos.

30/03/15

Calçots en Lleida

Os parentes González Fernández envíannos esta instantánea de xantar ceboleiro... A nós xa nos queda un día menos de cotas leiteiras


29/03/15

Parentes ociosos de paseo

De lecer e comendo ben. 
O Curmán Maior degustando año á maneira castelá en Aguilar de Campoo e o Paulo xabarín guisado en Oña. Nós sobrevivindo aos últimos días de cota leiteira



28/03/15

Cepas novas

Todos os anos hai que plantar cepas novas que vaian ocupando o sitio das vellas que non dan ou morreron
E tamén puidemos ver como aproveitar a paisaxe


23/03/15

Ex-tractores, por Xurxo Ayán

Outro interesante artigo no Xornal Agrario Galego VER

E tamén compartimos esta bonita carta en La Voz de G.
 

22/03/15

San Lázaro

San Lázaro, Ramos e en Pascuas estamos. Hoxe é o San Lázaro en Castro, alá irá a Pilar de Baixo que lle ten moita fe.
Para os que temos anos seguro que nos soa isto:
¡Qué dolor!, por un descuido
Micifuz y Zapirón
se comieron un capón,
en un asador metido.
Después de haberse lamido
trataron en conferencia,
si obrarían con prudencia
en comerse el asador.

¿Le comieron? No señor.
Era caso de conciencia.

19/03/15

Nitramón e San José

1. Chegou o nitramón para os eidos agora nestes días hai que repartilo
2. Feliz día de San José para todos os que levan ese nome, e tamén para todos os que son pais

14/03/15

Saúdos para a Anita e o Carlos en Barcelona

Instantánea de hoxe en Barcelona na celebración das vodas de ouro do Carlos e a Anita. Alí estan o Manolo e a Lina do Tío Bernardo. Que o celebren ben!


13/03/15

Ai, Ribeira Sacra, a nosa ribeira, que bonita

Despois da Feira do Viño, compartimos este vídeo con fotos da Ribeira Sacra e o cante de María do Ceo (topámolo na Internet)

06/03/15

Vídeo duns mozos lugueses coma nós

Se non viron o famoso vídeo de Enrique Iglesias, non se molesten, poden ver mellor o destes rapaces que o arremedan moi ben.

01/03/15

Café bar Rúa 11 en León

A familia do noso Presidente andou por León e alí na rúa 11, no Húmedo, o Bar Rúa 11... nada menos que a nosa amiga Bea de Ponferrada acolleunos con todo o agarimo. Xa o saben na 11 hai que tomar algo no 11 (web)


Arquitectura popular

Moitas casas de antes presentan este saliente na parede. Para que será? (pois para o escusado)