30/04/11

Tronada e pedrazo

Onte tronou ben, choveu e caeu sarabia. Hóxe á mañá aínda quedaban estes restos

29/04/11

A Carmen de Baixo xa rematou

A nosa avoa Mamacarmen cando nos seus tempos estaba moi contenta botaba un aturulo. Hoxe seguro que de vivir botaría un bo porque por primeira vez na Casa de Baixo (300 anos) unha muller ten carreira maior. Velaí está cos seus pais todos orgullosos

25/04/11

Festa da carne ao caldeiro II

Xa falamos aquí desa festa. Pero se os nosos lectores non puideron ir, aquí poden ver unha reportaxe e mesmo ver moitos coñecidos se son da contorna. Tamén ver os preparativos

23/04/11

Mesa ben posta

Mesa ben posta na Casa de Baixo arestora, aniversario da moza da casa. Parabéns.
E un anaco despois xa a mesa se encheu de vida

22/04/11

Saúdos do Curmán Maior

O noso Curmán Maior envíanos esta foto desde Barcelona na Fonte de Canaletas onde os barcelonistas celebran as copas. Pola súa cara alegre parece que lle regalaron a copa do Rei ao Madrid para quedaren eles coa de Europa, que é máis copa.

APOI (Museo do Pobo Galego)

No programa do Ben falado do día 20 falouse do APOI, que é onde están recollidas e estudadas as gravacións que fixo o noso finado tío que foi o Cura do Incio. Xa falamos diso neste blog.
Poden ver o programa aquí

21/04/11

Eleccións municipais en Carballedo

Cadaquén votará a quen mellor lle pareza. As listas de candidatos están na internet:
PARTIDO POPULAR (P.P.)

1.-D. JULIO MANUEL YEBRA-PIMENTEL BLANCO
2.-Dª MARIA JOSE VÁZQUEZ PÉREZ
3.-D. FRANCISCO JAVIER RODRÍGUEZ GONZÁLEZ
4.-D. PEGERTO GONZALEZ VAZQUEZ
5.-Dª FINA FERNANDEZ GONZALEZ
6.-D. ISMAEL GONZALEZ REY
7.-D. PLÁCIDO MANUEL NOVOA GONZÁLEZ
8.-D. MANUEL CARLOS NOVOA VARELA
9.-Dª. MARIA JOSÉ BESTEIRO SÁNCHEZ
10.-D. JUAN CARLOS LOVELLE MOURENZA
11.-D. JESÚS BARDELAS HERMIDA
SUPLENTES
1.-Dª. IRIA FERNANDEZ GONZALEZ
2.-D. JOSÉ ANTONIO PEREIRA ALVAREZ
3.-D. JOSÉ ANTONIO QUINTELA SEIJAS
PARTIDO DOS SOCIALISTAS DE GALICIA- PARTIDO SOCIALISTA OBRERO ESPAÑOL (PSdeG- PSOE)

1.- Dª. ISABEL GONZÁLEZ BLANCO
2.-D .FERNANDO FÉLIX VARELA
3.-D. ELIAS BENIGNO GONZÁLEZ SIMON
4.-Dª. ELVA GRANDE FERNÁNDEZ
5.-D. MANUEL FERNÁNDEZ LOBELLE
6.-D. JESUS CUDEIRO MAZAIRA
7.-D. JOSE RODRÍGUEZ LÓPEZ
8.-Dª. AURITA FERREIRA GONZÁLEZ
9.-D. MANUEL ALBERTO FERNÁNDEZ CUÑARRO
10.-Dª. MARIA DEL CARMEN RODRÍGUEZ NÓVOA
11.-D.JOSÉ MANUEL VILAS GONZÁLEZ
SUPLENTES
1.-D.DAVID GONZÁLEZ DORRIBO
2.-D.JOSÉ RANDOLFE VILARIÑO
BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (B.N.G.)

1.-Dª. MARIA ASUNCIÓN GÓMEZ NEIRA
2.-D. JOSÉ LUIS FERNÁNDEZ HERMIDA
3.-D. XOSÉ ANTÓN VELÓN FERNÁNDEZ
4.-D. JOSÉ ÁNGEL GONZÁLEZ FERNÁNDEZ
5.-Dª LAURA MARÍA ARIAS DÍAZ
6.-D. EMILIO JOSÉ FERNÁNDEZ VÁZQUEZ
7.-Dª MARIA JOSE DOVAL EXPÓSITO
8.-D. RAMÓN IGLESIAS PEREIRA
9.-D. MANUEL GONZÁLEZ FERNÁNDEZ
10.-D. ROBERTO PEREIRA CUDEIRO
11.-D. JOSÉ MANUEL GONZÁLEZ GUERRA
SUPLENTES
1.-Dª MARIA CARMEN DÍAZ VILA
2.-D. LUIS GERMÁN MEIJIDE VARELA

13/04/11

Fermoso vídeo dos irmáns portugueses

Bonita canción de irmandade entre galegos e portugueses. E precioso vídeo tamén.
Curiosidade: case ao comezo aparece unha bandeira galega. Pois esa foto foi publicada na páxina dos Parentes por un día de festa e vén sendo na casa do Marta do Gil. Unha honra para os Parentes.

12/04/11

A canción do Incio: Lucía

Que sorte teñen os nosos amigos do Incio, que a famosa Lucía lle canta esta bonita canción ao seu lugar

10/04/11

O penendo do Graúllo

Moi interesante a foto e o texto de Roi Fernández na Voz de Galicia de hoxe, así xa sabemos como chamarlle e que é ese monumento natural do noso concello
E... San Lázaro, Ramos e en Pacuas estamos... polo que hoxe seguro que o Xan lle espetou unha misa solemne en Castro de paso que levou á súa nai ofrecida ao San Lázaro ... e xa saben que desde Castro se lle chega moi pronto ó penedo do Graúllo...

08/04/11

Traballos do tempo

Andamos a aproveitar estes días de bo tempo para acondicionar o terreo que imos sementar de millo para esta campaña, neste caso unificamos varias parcelas, sempre tratando de mellorar a produción e de economizar os custes.