28/07/10

Galiñeiro como debe ser


Andamos a reparar un Galiñeiro en Trasar, polo de agora segue en obras, pero a cousa pinta ben, recuberto de pedra para non desentoar co entorno, e tamén para o benestar das galiñas.

24/07/10

Vacacións


Ben merecidas ten as vacacións a Pilar de Baixo. Seguindo os pasos da tía Isolina, que en paz estea, está gozando duns días de praia coa filla na Coruña, esa preciosa cidade desde onde nos manda esta foto. Que lle aproveiten os aires da mar, que dicía a Mamacarmen que eran moi sans. Nós seguimos coa herba seca.

23/07/10

O señor ministro Blanco deunos un couce

Cancelados os tramos San Martiño-Barrela e San Martiño-Enlace Barrela Norte da autovía A-56 entre Lugo e Ourense!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
E non podían cancelar outros, que este nos facía moito avío a nós! Crise no leite, crise nas comunicacións.... todo é crise para nós

22/07/10

Cabalos


Na entrada do lugar atopamos estes bonitos animais que non se fixeron de rogar para saír na foto

17/07/10

Herba seca


Andamos na herba seca, temos algunha estesa, outra de pé e unha pouca a recolleito. A da foto é nun prado do Pegerto gaiteiro, o noso primo dos BARRIOS, a finca está situada á entrada da Barrela

10/07/10

San Cristovo

Hoxe é o San Cristovo, patrón de Lobelle e da Cervela (onde estivo moitos anos de párroco o noso tío José). Seica este santo era moi alto e forte e levaba ao lombo xente para cruzar un río polo que o fixeron patrón de camiñantes e despois de condutores. Nos Parentes temos moito que conducir por mor dos tractores e máquinas. Tamén se di que en Santiago se conserva un brazo do tal santo e en Astorga unha mandíbula. Cando vaiamos a Santiago logo teremos que preguntar por ese brazo e a ver se pode darlle a man para saudalo en nome dos Parentes

08/07/10

03/07/10

Choveu

Choveu. Di a Pilar de Baixo de Trasar de Carballo que agora temos un clima coma o cubano. Chove, escampa e vén o sol. Que lle aproveite ás nosas marelas, aínda que agora non lles podemos chamar marelas coma cando eran do país.