15/02/13

11/02/13

O Papa Bieito

Disque dimitiu o Papa. Este Bieito xa non era moi do agrado do noso tío o Cura do Incio. Agora dimite e nós aplicaremos a filosofía do señor Avelino. 

Conta o Manolo de Tío Bernardo que un día na cantina a señora Teresa viu que saía o Papa na televisión e foi correndo onda o home: Avelino ven pronto que está saíndo o Papa na televisión e nunca o vichesTampouco il me viu a min nunca, respondeu o señor Avelino. 

10/02/13

Nena

E esta nena quen vén sendo?, pois a Pacita hai ben anos por un entroido

Lisboa

O noso correspondente en Lisboa mándanos esta  foto. Di que como lle parecía raro que as autoridades mandasen mexar na cidade preguntou a un policía. Este contestou que en portugués quería dicir que se movese pola cidade, menos mal!

03/02/13

O Demetrio, que en paz estea

Aos 89 anos foise o pegureiro, no mes de febreiro. Inda onte pola mañá quixo botar as vacas. Todo un grande home, andou na madeira, emigrou a Suíza, labrego en Lobelle, terminou os seus días sen sufrimento nin enfermidade. Sempre se van os mellores.
Enterro o luns día 4 ás 4:30. Tanatorio da Barrela. Igrexa de Lobelle.