31/01/16

Mellor xuntos

 Agradecidísimos a Mellor Xuntos polo que puxeron de nós no seu Facebook:
Outra xente marabillosa coa que coincidimos nestas semanas foi a cooperativa Os Parentes. Pepe, Xan, Xosé, moitas grazas pola vosa colaboración. Con eles aprendimos que a xente do campo galego, tradicionalmente, sempre fixo XUNTOS moitas tarefas, e a mellor maneira de seguir con esta tradición de facer as cousas XUNTOS é a cooperativa.
Os Parentes son curmáns entre si, pero tamén podían non selo. O importante é que son veciños, e neste país ter un lindeiro colaborador é un tesouro. Se queredes ver algo pasade pola súa páxina web. A nós ata nos meteron no seu blog.
Non nos quedou claro a técnica de facer licor café branco. A de ensilar tamén parece complicada, pero menos interesante. Tamén vimos con Os Parentes nacer un becerro, ao que lle puxeron o nome do noso camarógrafo. Pero o realmente importante é comprender que, no campo, o traballo cooperativo pode significar a diferencia entre poder enfermar ou non; entre poder tomarse uns días de vacacións ou non; entre -en resume- poder vivir ou non.


 

24/01/16

Estampa matanceira

Composición: filloas, prato de cerámica arxentina,  xerras de viño barro e porcelana (con borcelo e todo), vaso cristal con pouso .... sobre fondo de mesado cociñeiro
 

17/01/16

Santo Antonio

Santo Antonio verdadeiro dezasete de xaneiro, se a súa festa lle fan trece de san Xoán (dito popular)
Seica este santo de hoxe é o patrón dos animais, así que parabéns para as nosas vacas e becerriños 
 

11/01/16

Os Parentes en Balaídos

Xogaba o Celta (o Xan é accionista e seguidor) contra o Atlético de Madrid (o Pepe é colchoneiro). O partido estaba moi igualado pero os berros de ánimo do Pepe torceron o resultado cara os madrileños!!!
 

09/01/16

Imaxes da Ribeira Sacra: Carcacía

Foi o Xan dar unha volta á ribeira, laranxas con moi boa pinta e na costa os "carneiros", xiróns de néboa que traen auga



 

07/01/16

Día de invernía

Nun día coma hoxe era bo para facer a augardente, meterlle leña aos potes e catar a augardente. Tempos aqueles! Logo xa se facía o lume con bombona de butano, non é que lle pasase o saber á caña, pero xa non era o mesmo o quentarse e botar un conto...
Así era, que agora xa non a facemos:

02/01/16

A costa ou lonxe dele ao pé dela

No 2016 seguiremos coas cousas do Tío Manuel, fonte da que bebemos memoria e historias.
Hoxe explícanos o dito: a costa ou lonxe dela ou ao pé dela. Referido á Costa do Faro, as mellores terras para o cultivo son as da mesma costa, coma Caíve; ou as que están lonxe, pero non as intermedias.
O mesmo se dicía para a Garda Civil cando andaban a pé ("a parexa" se lles chamaba) e lles levaba tempo chegaren: a parexa ou lonxe dela ou ao pé dela.

01/01/16

Bo ano 16

Que nos empece ben, que a xente boa non teña que marchar fóra coma estas dúas mozas, unha delas filla da nosa amiga Olida de Aspai