09/07/17

ACORDO DE COLABORACIÓN ENTRE UNIÓN GALEGA DE COOPERATIVAS ASOCIACIÓN GALEGA DE COOPERATIVAS AGRARIAS AGACA, UNIVERSIDADE DE VIGO, SANVICOR, S.A., XARALEIRA, S.L. E OS PARENTES S.C.G., PARA A CREACIÓN E FUNCIONAMENTO DUN GRUPO OPERATIVO DE INNOVACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO “RATEIRA ECOLOXICA”


2. DESCRICIÓN DO PROXECTO DE INNOVACIÓN

A presencias de ratos nas explotacións agropecuarias provocan enfermidades, grandes perdas e múltiples gastos, tanto no referido a man de obra como no investimento en productos, velenos e raticidas, para a súa eliminación, sen mencionar a contaminación dos solos ou a súa  implicación na cadea ecolóxica e alimentaria.

 A innovación que se presenta é a de artellar un robot autónomo e autosostible que patrullará non límites programados. Emitirá unhas sinais que atraerán os ratos ó seu interior onde se lle suministrará, de xeito automático, una atmósfera de ozono concentrado durante un tempo determinado, tralo cal se liberará o rato que fuxirá con doenzas no sistema respiratorio o que lle ocasionará a morte lonxe do robot que quedará preparado para a seguinte visita. O equipo disporá dun sistema de recarga solar, patrullará de noite segundo o programa previamente introducido coas coordenadas e variables meteorolóxicas. Documentará e fotografiará os eventos que serán rexistrados nun contador e transmitidos a un rexistro base xuntos cos parámetros meteorolóxicos de cada evento. Deste xeito disporemos dunha base de datos que nos permitirá establecer una guía do comportamento dos roedores baseada no clima. Ó aparello traballará pola noite, non precisará de veleno algún xa que o ozono será xerado a partir do osíxeno do aire e non precisará de suministro eléctrico convencional e terá un impacto medioambiental nulo.

A relevancia será extrema xa que non existe innovación deste tipo a nivel mundial. Os solos e as augas quedarán liberados dos pesticidas que eran introducidos na cadea vital. Os velenos e trampas para os ratos pasarán a historia e o sector primario verá melloradas as súas contas de resultados.

Coa implantación da rateira ecolóxica, as granxas e os productores agropecuarios reducirán os seus custes, mellorarán as colleitas e istas serán mais salubres. As augas non se contaminarán xa que nos haberá pesticidas esquencidos que se acaban integrando na cadea hídrica. Este aparello poderá ser compartido por varias explotacións, poderá ser equipado con varios programas e contribuirá a ter en Galicia productos de calidade e libres de pesticidas. Mellorará sustancialmente os resultados das explotacións e abundará na información documental sobre o estilo de vida, usos e costumes dos ratos. Coa súa implantación lograremos unha economía rural menos traballosa, máis competitiva, eficiente e respetuosa co medio ambiente cara a unha agricultura productiva, moderna e sostible.

Deste xeito, por medio desde produto innovador automatizado e dotado de TICs,  teremos unha calidade e seguridade alimentarias para estilos de vida sans dos nosos consumidores e contribuiremos a mellorar a bioeconomía protexento a biodiversidade, os ecosistemas  e a funcionalidade do solo. A comunicación de datos e o uso das TICs será una ferramenta ó servicio da explotación.