21/08/16

Incendio no tanatorio da Barrela

Outro desastre, ardeu o tanatorio da Barrela onte. Tócanos de cerca porque os donos son primos da Marta. Xa saben que teñen toda a solidariedade dos Parentes e a axuda que precisen e lles poidamos prestar en calquera momento. 
Hai que ver sempre algo positivo nas desgrazas, neste caso que non lles pasou nada ás persoas. As cousas sempre se poden recuperar. Estamos con eles.


18/08/16

Garamata

Aquí onda nós dicimos garamata ás pólas delgadas e secas que se usan para acender o lume que logo prenda nas achas máis grosas. Acostumamos a gardala picadiña en rimas. Cómpre ir preparando o inverno.


10/08/16

Bonitos cantares

Os Parentes tamén temos tempo para o lecer (vídeo de Televinte) e alí escoitamos:

Antes e hoxe, así está a reitoral polo San Lourenzo de Cartelos

Hoxe son as festas do San Lourenzo en Cartelos, as que se celebran, que non as patronais, porque o patrón é Santo Estevo (en decembro) que non festexa ninguén.
Nestas fotos vemos como está hoxe a reitoral e como estaba nos anos corenta.