30/04/12

Canciño

Como hai tempo abondo por andar medio derreado hai que atender a facenda miuda

26/04/12

O Pena

Hoxe despedimos o Pena, de nome Jesús, un home grande, e ademais forte, cando durmiamos na ribeira de Levices, nós inda nenas, para non ter medo durmiamos pegadas a El. Foi un home bon, nado en Vilameá, e casado en Vilar de Mulleres onde foi un gran veciño, sempre desposto a axudar e con a paciencia suficiente para escoitar e dar un bo consello. Amigo da casa vivimos moitas cousas xuntos unhas boas e outras non tanto, pero el sempre estaba aí. Nos últimos anos recuperouse dunha enfermidade con unha forza de vontade exemplar, toda a súa vida foi un exemplo a seguir.
Acompañámolo na sua ultima viaxe sabendo que a súa vida foi como unha escola para nós. Seguro que no Val De Redes os paxariños non cantan tan alegres como cando el daba os seus paseos por alí.Non te esqueceremos. MARTA e todos os teus amigos de CASA DO GIL

Juan Luís non Man con Man, 4

20/04/12

17/04/12

ALFONSO

NON TEMOS PALABRAS
HOXE DESPOIS DUNHA LONGA ENFERMIDADE O ALFONSO XA NON ESTÁ CONNOSCO!

Enterro: día 18 ás 18 h

14/04/12

14 de abril

Hai hoxe 81 anos o Tío Pancho do Arrieiro (Francisco González do Pacio, irmán do noso bisavó) cando se proclamou a 2ª República, saíu ao pendello da casa e co brazo erguido e o dedo índice estirado dixo : si me muero mañana, ya me muero tranquilo, se ha roto el eslabón de la Esclavitud. Como bo cubano sempre utilizaba o castelán. Disque en Trasar había moitos republicanos.
Supoñemos nós que hoxe na Casa Real non estaran moito de festas. O avó caeu cando estaba traballando (nós facemos a festa na matanza do porco e supoñemos que os reis a fan na matanza do elefante), o neto cun pé ferido de escopeta (o Xan de Baixo, en paz estea, sempre tiña a escopeta sen os cartuchos e aberta, por algo era) e do xenro xa é mellor nin falar. É ben certo iso de que" as desgrazas veñen xuntas" ou "iso pasa nas mellores familias".
Menos mal que chove!!! Que a espalda de algún non dá mellorado.

13/04/12

O Diario e o ipac

O noso Tío Benigno (Don Benigno de Trasar) chegou aos 105 e era un experto na técnica de matar moscar co Progreso sen espachurralas enriba do mesado. Vendo este vídeo lembrámonos del.

11/04/12

Juan Luís no Man con Man 2

Como por fin chove e a espalda necesita recuperar moito é bo tempo para ver máis vídeos de 1991

08/04/12

Descanso

Descanso obrigado por lumbalxia, hai tempo para ver no ordenador o que recomendan os amigos. Nós tamén temos familia na Coruña pero a nosa MC ben sabe de vivir na aldea, non coma as primas da Mucha:

01/04/12

Reciclaxe e patacas

Reciclaxe, foi feita con restos de terrazo da cociña e "pasamáns" con ferros retirados da terraza, con algo de tempo e paciencia quedou como se ve:
Estoutra mándanola o Benigno desde Noia, vaia grelas que parecen espárragos empatados:


Caso ben raro de golfiños na praia

Aconteceu en Arraial do Cabo, terras brasileiras do país do Pedro. O día 5 deste mes de marzo. Por que se queren botar da auga? Que lles parece a reacción da xente?