31/07/11

Non son boas noticias, non...

O CAMPO AFÚNDESEOs gandeiros galegos xa están á cola no prezo do seu leite


Cobran 700 euros menos ao mes que en Asturias por unha granxa similar

30/07/11

Tempos cambiados?

Vendo isto que topou hoxe o Xan na cerrada de Paramios (Trasar de Carballo) pensamos se non andarán os tempos cambiados... porque isto non sería máis ben no outono?

28/07/11

O monte do Faro

Mentres andamos recollendo na herba seca estes días vemos sempre o Faro e lembramos aquilo de: catro columnas ten o ceo: Faro, Farelo, Pico Sacro e Bocelo

24/07/11

Pan de Cea: o forno do Eliseo

Hoxé ás 11:30 na TVG botaron un anaco coa muller e a filla repartindo o pan e falando do oficio de panadeiras, e víronse deixando o pan no Berrello e no Río Búbal da Barrela. Fan un pan moi rico. Tamén o facía hai anos a señora Socorro e viña a Trasar nunha mula traer o pan para a Mamacarmen, o tío Benigno, a señora Anuncia...

22/07/11

Outro triunfador da Barrela, o José Ignacio

Os Parentes sempre nos alegramos dos éxitos dos nosos veciños e que leven con orgullo o nome desta terra na que traballamos polo mundo adiante. Hoxe lendo o Progreso (ver artigo) atopamos unha longa entrevista co José Ignacio... cantas veces entramos no bar do seu avó botar unha quiniela, tomar un café, agardar pola Directa...

16/07/11

Subida automobilistica a Chantada

Di  prensa que unhas 30.000 persoas van presencias a Subida desta fin de semana. E onde se vai meter tanta xente? Nós recomendamos as muras do Paco do Guerra que teñen unhas vistas excelentes. E se está el alí na adega aínda pode convidar a un vasiño de auga se hai sede.

15/07/11

Mañá é o Carmen

Grande día, o máis grande, para os mariñeiros. Tamén os gandeiros coma os Parentes, porque Carmen era a nosa avoa (a Carmiña de Baixo), Carmén era a nai do Alfonso. E na casa de Baixo están a Maricarmen e a Carmen. E en Torrejón saudamos a Carmen que coida o tío José. Así que os nosos agarimos para todas as Carmes. Que teñan un bo día. E de foto a Carmiña de Baixo cos seus netos hai unha chea de anos

13/07/11

O alto Fran Vázquez de Saramagal

Di hoxe un diario que o nativo de Saramagal-Carballedo Fran Vázquez (ese que xoga tan ben ao baloncesto no Barcelona) vai dar o pregón das festas en Santiago de Compostela. E igual llo fan dar na torre da catedral para ver se el que é tan alto consegue ver onde esconderon os ladróns o Códice Calixtino ese do que tanto se fala. Consultado o péndulo di que o libro está moi lonxe, mesmo puido chegar ata Budapest.
Esperamos que o correspondente dos Parentes e especialista en baloncesto Paulo nos informe de como foi o pregón do día 21.

10/07/11

Nosa Señora da Franqueira

Hoxe a Pilar escoitou unha misa na Nosa Señora da Fonte da Franqueira e tamén lle pediu unha gracia, que seica é moi avogosa

San Cristovo de Lobelle

Cruz, farois, cura, gaiteiros, feligreses, todo na procesión de San Cristovo á hora de bendecir os coches. Non faltou un pouco de humor cando o "Padre" tamen bendiciu a algún feligrés que non era coche. 

07/07/11

Outras dúas cousas...

Ata 31 cegoñas contamos hoxe nun prado no que andabamos coa herba seca

E por outra banda, aquí temos o Curmán Maior pronunciando unhas palabriñas na homenaxe que os seus amigos lle fixeron en Noia

03/07/11

Desde a illa de Ons

Desde as Rías Baixas onde está tomando baños de mar chéganos esta foto da Pilar de Baixo

02/07/11

Seca

Xa desenterrados andamos en plena campaña de herba seca, faremos unha pequena parénteses o Domingo para a Comunión do Hugo en Lugo, e logo a seguir que o tempo axuda