29/07/14



Andando polo mundo vese de todo, coma esta bicicleta á que o seu dono (que debe ser un home ben mañoso) lle instalou un interesante motor. O que si, ao poñela en marcha mete moito ruído.
Como hoxe é Santa Marta felicidades a todas as que se chaman así e á xente de Santa Marta de Ortigueira familiar da María.

26/07/14

Pilar vacacións II



A Pilar e a Maricarmen seguen facendo turismo coruñés. Estiveron na feira das marabillas
E tamén no stand da pintora pontevedresa Carmen Pernas, coa que charlaron amigablemente


24/07/14

Pilar de vacacións

Mándanos saúdos desde a bonita cidade da Coruña (vivir na Coruña que bonito é) onde está a botar uns días de praia coa filla

20/07/14

A Santa Mariña (día 18) coa súa canadiña



Como di Pilar Guerra “xa vén a Santa Mariña coa súa canadiña” e claro, choveu. Tivemos que facer unha parada na recolleita da herba seca. Menos mal que andabamos tatos de traballo (como di o Manolo do Tío Bernardo) e puidemos botar unha sesta por fin (para a xente de cidade, a canada é un recipiente e madeira con asa -tamén se facía unindo latastambor de sardiñas-; usábase para  coller o leite ao munguir etc.)
Mándannos esta foto de Toén como exemplo de corredor ben feito e seguro.

Bo sitio para mirar

http://mapas.xunta.es/visores/basico/

Con esta ferramenta da Xunta pódese ver ben o que tal cambiaron as cousas en algúns sitios. Noutros parece que case parou o tempo. (enviado polo parente Rubén)

18/07/14

Mellorando accesos

Hai que mellorar os accesos ás casas para que o inverno sexa máis tratable. Iso fixemos en Lobelle diante da Casa do Gil

17/07/14

Vén un aire frío



Xa era o mes de outubro e o Señor de Cartelos aínda  non segara a herba. Viña un aire frío e díxolle o Señor ao Tacón Vello de Burgás. E en que dará este aire, señor Ramón. O Tacón como sabía o que quería o Señor, respondeu: en calor, señorito, en calor. (Os contos do Manolo, claro).

E fachenda da mellor terra e a mellor muiñeira

16/07/14

Máis contos do MdoTB



Por cousa da franqueza cometen mil desencantos a muller co seu marido e o sancristán cos santos.


Unha muller subiu ao coche de liña cunha barriga grande, díxolle un dos pasaxeiros: ai, señora, a vostede metéronlla quente. Respondeu ela: pois non estaba tan quente que a collín coa mao.