25/06/10

Trasnadas do san Xoán


Así vai o recheo no Recobio. Esta mañán de S Xoán tivemos que buscar o tractor de arrimar a comida, atopámolo na Laxa sen desperfectos, inda menos mal

23/06/10

Felicidades Xan e Helena o 24 de xuño!

Coma sempre temos que felicitar o santo do noso presidente e o aniversario da Helena. Felicidades para os dous

18/06/10

NADA coma o leite


Se non consegue ver ben o texto, pinche na foto e logo Control + varias veces ata velo ben

17/06/10

O tanque de Lobelle


Así de bonito quedou o tanque da Casa Dos Curas en Lobelle. É utilizado polas brigadas de incendios no verán, por iso ten que estar sempre cheo.

13/06/10

Nomes das vacas

Hoxe día de San Antonio, aínda que non o pareza polo día, actualizamos o listado das vacas no blog (aquí á dereita). Xa saben os nosos amigos e amigas que se teñen antollo por algún nome non teñen máis que mandarnos un email (osparentes@telefonica.net) ou poñer un comentario e xa os informaremos de como vai o asunto.
... san antonio verdadeiro dezasete de xaneiro e se a súa festa lle fan trece de san xoán...

12/06/10

Denuncia


É denunciable atopar nun souto da nosa propiedade un conxelador. Nos tempos que estamos onde NÓS respectamos as normas, temos que sufrir e padecer as consecuencias de algún desaprensivo, que vai deixando lixo en eidos alleos. Entre outras normas cumprimos as de : tratamento de augas residuais, recollida de plásticos, entrega de envases de Fitosanitarios en lugares específicos, reciclaxe de aceites, etc., etc... Ante un vertido coma este a única solución é retiralo pola nosa conta. Paciencia

11/06/10

O can e o gato


Sempre escoitamos o de " lévanse coma o can e o gato", neste caso a Bulma e a Lela parece que son a excepción que confirma a regra

10/06/10

Dito dos arrieiros

Nin tanto arre que fuxa, nin tanto xo que se deite. Hai que fuxir dos extremos, no medio está a virtude. Ben seguro que os nosos antergos arrieiros sabían deste dito. A Casa do Penete, a Casa do Tío Bernardo, a Casa do Gil, a Casa de Baixo (as casas dos Parentes) tiñan todas besta, tamén sabían do dito.

05/06/10

Vacacións?


Rematamos de botar o millo, nalgunhas fincas temos que apañar as pedras que quedan encima da terra para que logo non entorpezan a recolleita do millo, son traballos menores pero importantes. Despois unhos días de Vacacións ata empezar a campaña de herba seca.

04/06/10

Festa da Xuventude

La Voz de Galicia, Ourense, hoxe:
O promotor da festa erótica da Peroxa cancela o evento tras as críticas recibidas
OURENSE/A VOZ. 4/6/2010

Os veciños da Peroxa quedarán sen o estriptís de Dinio e a Miss Ourense do ano 2009. O organizador da festa erótica que se programou para os próximos días 29 e 30 de xullo no municipio ourensán con motivo da Festa dá Xuventude de Cartelos decidiu cancelar o evento tras as críticas recibidas desde distintos ámbitos.
O BNG presentara unha iniciativa no Parlamento pedindo á Xunta que actuase contra esa actividade por utilizar á muller como reclamo. De feito, a festa incluía unha «caravana de mulleres» que levaría á localidade en autobús a todas aquelas veciñas das cidades galegas que o desexasen.
Comunicado da Xunta
A Xunta finalmente actuou e onte ao mediodía a secretaria xeral de Igualdade, Marta González, emitía un comunicado crítico co evento. «Estamos completamente en contra dá celebración de actos coma lestes que nos retrotraen a momentos históricos xa pasados nos que as mulleres eran consideradas como persoas de segunda categoría», dixo.

02/06/10

Volve o Ben Falado

O programa no que saímos Os Parentes volve pola semana ás 3:30, desde o luns día 7. Haberá que velo. Alégramonos de poder volver ver o noso amigo señor Ferro Ruibal.