25/09/15

Vergonzas na vendima do Xan de Baixo

Aquí onda nós chamámoslles vergonzas aos acios que os vendimadores deixan nas  cepas por non os ver na vendima. Os vendimadores deste ano eran de primeira que remataron pronto a faena, o viño ía sen follas, sen acios secos ou podres, como ten que ser. Mais aínda deixaron algunhas vergonzas que dan para comer unha merenda

24/09/15

Apareceu polo Arransallo,  xa se fixo amigo do Brodi e entende por Cristiano, non é nome moito de gato pero el encantado do trato recibido ... o probe!
 

22/09/15

Hai que seguir?

Hai que seguir siguiendo, dixo a señora Conceución cando lle preguntaron se tiña que seguir poñendo máis indiciós que llas viñan poñer de Vilardamos.
Non sabemos se nós tamén teremos que seguir siguiendo nas reclamacións dun mellor prezo do leite.

21/09/15

Copla dos sucesos de Oseira en 1909

Na vendima o Manolo do Tío Bernardo aproveitou para nos ensinar unha copla sobre os sucesos de Oseira de 1909, copla que garda el escrita (pódese ver máis información dos sucesos aquí neste blog Paco de Martelo)


Santísima Madre mía
¡Oh Virgen Inmaculada!
Reina que estás en los cielos
al lado de Dios sentada.

Sobre aquellos pobres seres
que destrozaron las balas
tiende tu bendito manto
de perdón y de esperanza.

Castiga Tú a los culpables
de una tragedia tan bárbara
y devuelve a los de Osera
la paz del alma cristiana.

Quiso el Obispo de Orense
en hora desventurada
del monasterio de Osera
llevarse un altar de talla.

Sostienen el baldaquino
seis ángeles con sus alas
y es dorado ricamente
y orgullo de la comarca.

No quisieron los vecinos
que el Obispo se llevara
aquel altar tan querido
que protegía sus almas.

Pero el Obispo soberbio
sin atender a sus lágrimas
les mandó ocho carpinteros
seguidos por veinte guardias.

Los de Osera se encerraron
en su iglesia venerada
y allí juraron morir
por el altar que adoraban.

Dispararon los civiles
contra las gentes incautas
y se derramó la sangre
en la iglesia venerada.

Cinco hombres quedaron muertos
y una pobre embarazada
y una niña que a la escuela
tranquilamente marchaba.

En los altares pegados
chorreando sangre humana
se veían los pedazos
de las cabezas y entrañas.

Y gritaban los heridos
y las mujeres lloraban
pidiendo amparo y socorro
a la Virgen que adoraban.

¡Cuántos huérfanos dejaron
en la miseria las balas
y cuántos hombres inútiles
brazos y piernas cortadas!

Ya se ha cerrado la iglesia
donde ocurrió la desgracia
y se ha lavado la sangre
pues su altares manchaba.

Sólo falta, Virgen pura,
Virgen piadosa y Santa,
castigues a los autores
que ensangrentaron Tu Casa.

Que nunca sosiego gocen
ni jamás disfruten calma
y purguen en el infierno
tan horrorosa matanza.

E aquí se pode escoitar cantada por Corona Paz 

20/09/15

Vendima do Xan de Baixo

Fixo a vendima o Xan de Baixo. Estaba a uva en boas condicións. Imprescindible o traballo da nova xeración: Carmen, Helena e Bea. E non digamos o reforzo do Charki e o Osvaldo. Rematamos a tempo de xantar, que a señora Pilar é moi "farta"
 Á volta parada obrigada en Castro no bar da prima da Marta:
 E mentres agardamos pola despalilladora en Lobelle o Luís conta un conto:
 

17/09/15

09/09/15

Tirando para Lugo

En directo, imos aló

San Pegerto (e seguen as tractoradas)

Hoxe é o San Pegerto de Buciños. Felicidades para os amigos que levan ese nome, aínda que cada vez van sendo menos que agora o chamadeiro non ten moito éxito. E tamén para a xente de Buciños que está de festa, especialmente para a familia do José Manuel García en Trasar de Sabugueiro. 
Se o noso Tío Benigno (+1976) chegou aos 105 anos foi grazas ao Santo. El mesmo o conta:

“Nací enfermizo; el médico Cedrón de Chantada, con quien consultaron, les dijo a los padres que no contasen conmigo. Ellos suplicaron al Santo me sanase, ofreciéndole un ternero y ya entré en los noventa años... Esto escribía D. Benigno el 29 de septiembre de 1959 (Vida y novena de San Pegerto de Buciños, Jesús Guerra, 2004)

08/09/15

Os Parentes na tractorada de Santiago

Alá está o noso Presidente e envía foto
 

Seguen as tractoradas

No Día da Nosa Señora do Faro, Santa Querida, seguen as protestas dos gandeiros. Non hai outra. A cousa é tan seria que nin a mesma Virxe do Faro, tan avogosa para todo, nin Ela vai poder axudarnos moito nesta batalla pola dignidade do noso traballo. 
 

06/09/15

Visita ao Incio

A Pilar e o Manolo foron hoxe facerlle visita ao busto do Incio e despois ver a Feira, saudar a Alcaldesa e outras amizades. Finalmente ver Señora Mercedes da Eirexe. Foi un día completo. Non foi tan ben para o can Sito e dous gatiños que todos os días van dar un paseo por Trasar co Manolo, hoxe quedaron sen paseo.


05/09/15

Arrinca de patacas aquí e protesta en Lugo

Así ás horas, fomos arrincando as patacas. Seguimos en Lugo loitando por un prezo Xusto para o leite.