11/04/15

Parede en Quicoces de Yuso (Merindades de Burgos)

Así de decorada está unha parede a carón do restaurante Moreno en Quincoces de Yuso, nas Merindades burgalesas. Foto do parente Paulo mentres paseaba coa Laura, o Anxo e a Vitoria

09/04/15

Festa da carne ao caldeiro en Castro

Este domingo 12 temos que ir a Castro á Festa da carne ao caldeiro, ademais o pregoeiro é parente noso, o Xosé Luís Grande Grande, da Casa do Souto de Vilaquinte, seguro que ha falar ben.

05/04/15

Día de Pascua

Pascuas enxoitas nin poucas nin moitas, así é o dito. A ver en que dá logo a campaña leiteira recén empezada e xa sen cotas, que ben nos cómpre mellorar algo.
E como no Barrio de Puga é costume un bocado pola Pascua, haberá que lle ir probar ao Paco do Guerra o viño mencía de San Fiz, a ver se arde nun candil.

03/04/15

Semana Santa e lecer

Mentres o Xosé Manuel tenta cumprir en Ourense pero... as obras...

O Xan ve as procesións polo Barbanza:


O Bernardino mira outras procesións en Ponferrada:

01/04/15

Xa sen cotas

Pois si, hoxe xa nos erguemos sen cota leiteira, non se nota nada ao munguir, non se nota nada ao limpar, ao dar de comer. As vacas están igual, igual ca onte coas cotas. Se cadra hai que resintonizar as maquinarias como pasou coas antenas de TV para que sintonicen coa ausencia de cota. Quen sabe?