28/03/12

Chegou a primavera

Chegou a primavera, o gato empolíngrase no chorón que xa empeza a brotar despois da poda de inverno.

23/03/12

Hoxe

Polo dia de hoxe hai 50 anos que finou a señora Segunda do Pelcho

Hoxe, cumpre medio século o señor Secretario dos Parentes ( Pepe)
Hoxe, batemos o récord de entrega de leite nos Parentes!

20/03/12

Trasar de Carballo 1990

Despois de que o Xan gañase unha morea de contenedores para o lixo (que non había) no programa Man con Man, viñeron gravar a Trasar en 1990

18/03/12

O noso grupo de música preferido

Se escoitan e ven o vídeo saberán por que nos gusta a nós, coidadores de vacas

Vídeo do ano 1993 no que sae o Incio

O vídeo é ben perralleiro pero ten o interese de ter 19 anos e saír o cura do Incio. Paseo nunha tarde de calor por Samos, O Incio, o río Sil

11/03/12

Feira do viño en San Fiz na adega do Paco do Guerra

Aproveitando que era a feira do viño en Chantada o Paco convidou a familia a xantar na adega de San Fiz. Moita fartura. As cañas da Gloria eran unha gloria de ricas.


08/03/12

Martiño Ferro

Martiño de Lopo fai unha revista de automobilismo (Curuxarallye) con versión galega, española e, algúns meses, tamén inglesa: ten noticias, fotos e vídeos. No número 18 leva dúas entrevistas en vídeo pero unha é conmovedora, porque é dun galego sen mans nin brazos que vive autónomo, que conduce o seu coche e que é copiloto de rallyes. Paga a pena que a vexades.
http://www.curuxarallye.info/

06/03/12

O tear e as fiadeiras

Nós aínda lembramos os teares nas casas, mais xa medio esquecidos e apodrecendo. Neste vídeo de hai anos pódese ver toda a faena, só son 15 minutiños.

Na mesma páxina hai unha reportaxe sobre a romaxe da Nosa Señora do Faro, santa querida, na que saen algunhas caras coñecidas de por aquí.

Sanear un eido

Onte case nos pilla a noite saneando unha finca chamada Casouril. Trátase de facer gabias para sacar a auga e así deixar o eido "san" para poder sementar o millo e logo recollelo sen problemas.

03/03/12

Carro

Màndannos esta foto desde Erosa, alá pola Gudiña, este carro non é igual aos de por aquí