30/03/14

De cambios

A nosa curmá Mª Carmen cambia de destino na Coruña, do IES Pintor Lugrís para o IES Monelos, quedaron moi contentos con ela ... non hai máis ca ver a bonita flor que lle regalaron (tan xeitosiña como ela é)

Estas colmeas de Vilar de Mulleres están a recorrido. Lástima dunhas pedras tan feitas e traballadas que estean medio esquecidas. A poucos metros atópase un fermoso peto, este catalogado. As abellas tamén van minguando ... as pedras van quedando.

29/03/14

Boa viaxe e ata en Carcacía

Primeiro, boa viaxe para a moza danesa que estivo de intercambio coa Helena

Segundo, xa fixo o Xan a ata na ribeira de Carcacía


28/03/14

Fotografías do Bernardino

Quen pase por Boiro no mes de abril que non deixe de ver as fotos do curmán Bernardino e o seu amigo Eduardo, inauguran o venres día 4

23/03/14

Ter vagar

Non hai como estar xubilados e ter vagar. Aquí temos ao curmán Bernardino gozando dun partido de baloncesto en Santiago onte á tarde. Xa traballou ben anos, agora pode dedicarse ás curiosidades e ás súas afeccións.

22/03/14

Unha de conexas e outra de chourizos

A que non sabía vostede que a estas coles pequenas de Lobelle para seren transplantadas en Cea, na terra da afillada Triana, lles chaman conexas

Non lles parece que estes tres cestos parecen os nosos partidos políticos vendo de que están cheos?


19/03/14

San Pepe

Felicidades a todos os Pepes e Xosés amigos dos Parentes polo seu santo. Aquí temos o Pepe, o Xosé Manuel, a María Xosé ... se teñen tempo convidan hoxe... a ...

18/03/14

Navallas

O Bernardino gañou a primeira navalla con 7 anos angazando o prado de Burgás. Hoxe un tal Xosé Manuel ten unha pequena colección de navallas pero ningunha tan propia coma a do chiste

17/03/14

Medicina antiga

O noso tío Benigno morreu no 1975 aos 105 anos.  Nunca se preocupou do colesterol porque aínda sendo cura retirado todos os días daba un paseo e tomaba unha ración da medicina da foto (como fai agora o Xan). Outra medicina anterga é o viño tostado que hoxe ten tanta sona e custa uns cantos euros. Como a nosa avoa Mamacarmen era delicada, cando tivo os rapaces o avó Pepe foi ata a Valenzá buscar tostado, seica era moi medicinal para as mulleres paridas. Eran tempos.

15/03/14

Un conto do Manolo e unha planta



Chegan os ricos ás portas do ceo e dilles Diosnuestroseñor:
-Tedes que volver un tempo á terra, alí teredes traballos e alegrías.
E volveron á terra, tiveron traballos e alegrías e despois Deus acolleunos no ceo.
Chegan os pobres ás portas do ceo e dilles Diosnuestroseñor:
-Tedes que volver un tempo á terra, alí teredes traballos.
-Pero, Señor, e non teremos alegrías?
-Non, as alegrías acabáronas os ricos.
E volveron á terra, tiveron traballos e despois Deus acolleunos no ceo.
Outro conto do Manolo do Tío Bernardo

Así estaba hoxe na aira de Baixo este heléboro, que bota no inverno esta tan curiosa flor. El será unha planta de ricos ou de pobres? O heléboro fétido (crinum malacitano) tamén leva o nome de herba do demo e disque foi co que envelenaron ao Alexandre Magno. Dáse moi ben na montaña, coma no Courel.

08/03/14

Traballos

Andamos a limpar algunhas praderías con esta trituradora preparando para o abono e logo ensilar

04/03/14

Martes de entroido

Hoxe é martes de entroido, día de comer cachucha con grelos (por fin algúns foron chegando malia o tempo). E despois do xantar (de sobremesa tiña que haber torradas) había que fregar a louza. E dicíase aquilo de "e quen frega na casa da Encarnación?, quen vai fregar, a auga e o xabón?". O Xan de Baixo dicía que non había dereito, no entroido veña un bo cocido e logo as torradas ... e a diario nin cocido nin torradas. E logo viñan os mecos polas portas aínda que en tempos a garda civil multaba por andar disfrazados e máis aínda se levaba unha careta. Por iso, conta a Pilar de Baixo, moitas veces as comparsas de mecos levaban un coñecido coa cara descuberta para que a xente abrise a porta sen compromiso ... e que tamén se contaba que algúns amigos do alleo aproveitaban as caretas do entroido para se facer co que non era seu.
Pois iso, que pasen un bo entroido aínda que chova, que xa escampará.
Ah, e xa saben, como dicía a Mamacarmen: o Entroido onde puideres, a Pascua onda as túas mulleres.

01/03/14

Vicky Polard en Monforte

Hoxe toca en Monforte o grupo santiagués de Rock Alternativo (Grunge) Vicky Polard, de paso viñeron por Santa Cristina do Viso, no Incio, para render homenaxe ao poeta Lois Pereiro, do que musicaron unha poesía. Por que poñemos isto nos Parentes?, pois porque un dos guitarristas é nada menos que o noso Manuel González.
Aquí poden escoitar algunha das cancións.

As nosas ovoas

Non son pero ben podían ser ... a mamá Carmen, a mamá Servanda, a mamá Segunda, a mamá Veneranda, a mamá Aurora... as nosas avoas, vai por elas nestes días de entroido...