30/05/16

Seguimos coa ensila

Está tarde en Casvicente do Guerra. Mañá retomamos a ensila. Falta algunha, imos con retraso pero non descansamos, e xa estamos preparando para sementar o millo
 

26/05/16

24/05/16

18/05/16

As cousas do Luís da Vila do Cabo de Antas

O Luís vén todos os anos á vendima do Xan en Carcacía e sempre trae contos frescos. Agora acaba de compartir na Internet as súas lembranzas de rapaz en Antas, no concello pontevedrés da Lama: como curar a un rapaz que non come, o mal de ollo, as dores de cabeza, os paxaros...
Pinchar na foto:
ogalego.gal
 

17/05/16

Día das Letras Galegas: Manuel María

Nós celebramos esta festa todo o ano, usando en todos os lugares a nosa lingua, como ten que ser. Pero xa que hoxe é a festa, as festas tamén son para celebrar e facémolo escoitando a entrevista que a María José lle fixo a Manuel María hai moitos anos sendo ela estudante no Instituto de Chantada e alumna de Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer.
Para escoitar pinchar na foto de Manuel María:

http://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/lit/manuelmaria.mp3
 

14/05/16

De compras e frases



-Pilar de Baixo: Hai que deixar andar o can coas rodas (hai que deixar andar as cousas, cada un como as quere el).
-Lolita Conde Ogando: Quen ao ano andou e aos dous falou, bo leite mamou (non cómpre explicación)
-Xosé Manuel dos Parentes: O home do mandil cágome nil, pero o que non o ten rabea por il. Aquí onda nós, Mandil: prenda utilizada para se cubrir da chuvia e do frío, cubría as costas e a cabeza. Era propio das mulleres, pero os homes se non o tiñan cando chovía quen llelo dera…! De aí o dito do Xosé.
Onte aproveitamos día de chuvia para compras:
 

07/05/16

O xabarín traballa gratis

O Xan tamén cava a ribeira co sistema torrón volto... pero o problema é que o cavador é algo trapalleiro, non cobra pero tampouco fai ben ningún o xabarín

 

06/05/16

Patricia Regal López

Interesantísima entrevista a Patricia Regal López, veterinaria, amiga e colaboradora dos Parentes (e filla dos nosos amigos María e Moncho da Barrela)


 

05/05/16

A bailar ente as vacas

Bo día, amigos dos Parentes. Con este vídeo dannos ganas de poñernos a bailar mentres traballamos. Que pándegos son estes...

04/05/16

No Pazo de Cartelos

Xornada de campo no Pazo de Cartelos cos técnicos do Centro de investigacións agrarias de Mabegondo

Botando nas patacas

Hoxe mesmo que está bo día:
E como nos traballos sempre cómpre un capataz, contratamos o Sito:

02/05/16

Vestirse de domingo

Antes nos nosos lugares o domingo a xente poñía a roupa nova e ía á misa. Mesmo nós cando eramos rapaces e empezabamos a fumar, pola semana adiante Celtas (5 ptas.) e os domingos Ducados (10 ptas.). 
De aí un dito do M do TB que fala con humor de poñer a pobre roupa nova o domingo:
o domingo chaqueta nova, pantalón roto e caralla fóra

01/05/16

Onde comer ben na Coruña?

Para comer ben na Coruña, un lugar ao coidado de Santiago Diéguez:
Restaurante Angazo.
Rúa Amparo López Jean, 24 b
A Corveira 

Cullerredo.
Tlf 981 903 270