28/06/12

Medio século

Anda o noso Presidente a cumprir anos e xa vai polo medio século sendo o máis novo dos socios. Lévaos moi ben levados e dirixe a empresa con moi boa man. Que Deus lle dea saúde para outros 50.


20/06/12

Castes de patacas

Falaba o noso Curmán Maior de que lembra unhas patacas que se botaban en Vilaguillulfe, as da Lei nova. Consultado quen máis sabe nos Parentes, o Manolo do Tío Bernardo, lembra as seguintes:
- Patacas do ollo pinto. Rubias, con pintas nos ollos. Duraron poucos anos.
- Patacas da lei nova. Todas rubias. Botaron moitos anos.
- Patacas kénnebec (ou da Limia). Brancas, boas, aínda seguen.
- Patacas da Tolda. Brancas. Non lembra o por que do nome.
No casa de Baixo había que poñer un tablón para subir cos sacos á morica e baleiralos. A partir dos 14 sacos a xugada xa non podía co carro, había que acamboar.
Hoxe bótanse patacas brancas, as rubias só para o cedo.
 A pataca procede de América, xa que se introduciu en Galicia a partir do século XVIII. Moita xente aínda lle segue a chamar “castaña”.
As clases de patacas máis coñecidas son as seguintes: 
- Ollo azul: Porque os ollos teñen unha cor azulada.
- A Baraca: Unha das especies que máis se consume. Haina encarnada ou branca.
- A Fina: Variedade autóctona de moi boa calidade. Unha das máis sabedoras e das que mellor se venden.
- A Kénnebec: de orixe estadounidense de pel moi fina, tamaño mediano e non se desfai ao collela. (é a que máis se produce en Coristanco).

19/06/12

Centro Galego de Barcelona.

Grata sorpresa. Grazas a este blog hoxe recibimos nos Parentes unha chamada de Don Manoel Carrete, Presidente do Centro Galego de Barcelona, que anda a investigar na historia dese Centro para a publicación dun libro. E resulta que o noso devanceiro cura Don Ángel González Fernández (ver entrada no blog) foi un dos socios de tan ilustre Asociación. Envíanos esta nota que consta alí: D. Angel González Pbro. Beneficiado de la Santa Iglesia Catedral Basílica de Barcelona, falleció el día 18 de Febrero de 1940 , a las 6 de la mañana. Entierro y funeral dia 20 asistiendo 34 sacerdotes. Agradecemos a Don Manoel o interese polo noso antepasado e xa nos tarda velo no libro. De paso convidamos a Don Manoel a que cando veña por Galicia nos faga unha visita, estaremos encantados de ensinarlle as instalacións dos Parentes e darlle a proba do viño e do licor café.

17/06/12

O Clariño

O "Clariño", bautizado por Hadrián, esta encima dun ladrillo, e detrás non se ve moi clara a paisaxe, non sabemos o futuro que lle agarda, pero non promete moito nestes tempos de crise. Seguro que non lle faltan coidados para medrar coma un verdadeiro gato cos coidados da Marta
 

10/06/12

Millo nado

Desde Paderne, alá cerca de Betanzos, envíanos un lector da páxina esta foto de como xa está alí o millo nado

07/06/12

Muiñeira de Chantada

O Moncho de Fidalgo da Cervela envíanos desde Madrid esta muiñeira que xa lle tocou en Penaxubeira ao noso tío Anxo do Incio.

06/06/12

Imos ao bingo?

Se están por Ourense poden ir matar o tempo ao bingo, claro, gasten segundo as súas posibilidades. No programa da TVG a Pili Pampín probou a facer de profesional do bingo. Miren ben, que hai alguén dos Parentes facendo un papeliño neste programa. Sorte!


04/06/12

Botando no millo

Andamos a sementar millo e con moito apuro por mor do tempo, din que chove a mediados de semana e queremos ter a faena rematada.

02/06/12

Un gandeiro menos, un ribeirao máis: o Paco do Guerra

Agora o noso Tío pode disfrutar da xubilación, unha idea para estes días de calor é sentar nunha terraza cerca da noite a contar un conto como fan estes da foto en Ourense.