20/06/12

Castes de patacas

Falaba o noso Curmán Maior de que lembra unhas patacas que se botaban en Vilaguillulfe, as da Lei nova. Consultado quen máis sabe nos Parentes, o Manolo do Tío Bernardo, lembra as seguintes:
- Patacas do ollo pinto. Rubias, con pintas nos ollos. Duraron poucos anos.
- Patacas da lei nova. Todas rubias. Botaron moitos anos.
- Patacas kénnebec (ou da Limia). Brancas, boas, aínda seguen.
- Patacas da Tolda. Brancas. Non lembra o por que do nome.
No casa de Baixo había que poñer un tablón para subir cos sacos á morica e baleiralos. A partir dos 14 sacos a xugada xa non podía co carro, había que acamboar.
Hoxe bótanse patacas brancas, as rubias só para o cedo.
 A pataca procede de América, xa que se introduciu en Galicia a partir do século XVIII. Moita xente aínda lle segue a chamar “castaña”.
As clases de patacas máis coñecidas son as seguintes: 
- Ollo azul: Porque os ollos teñen unha cor azulada.
- A Baraca: Unha das especies que máis se consume. Haina encarnada ou branca.
- A Fina: Variedade autóctona de moi boa calidade. Unha das máis sabedoras e das que mellor se venden.
- A Kénnebec: de orixe estadounidense de pel moi fina, tamaño mediano e non se desfai ao collela. (é a que máis se produce en Coristanco).

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Olvidamos a Baraca

Anónimo dixo...

Faltan sa Cambotas