19/06/12

Centro Galego de Barcelona.

Grata sorpresa. Grazas a este blog hoxe recibimos nos Parentes unha chamada de Don Manoel Carrete, Presidente do Centro Galego de Barcelona, que anda a investigar na historia dese Centro para a publicación dun libro. E resulta que o noso devanceiro cura Don Ángel González Fernández (ver entrada no blog) foi un dos socios de tan ilustre Asociación. Envíanos esta nota que consta alí: D. Angel González Pbro. Beneficiado de la Santa Iglesia Catedral Basílica de Barcelona, falleció el día 18 de Febrero de 1940 , a las 6 de la mañana. Entierro y funeral dia 20 asistiendo 34 sacerdotes. Agradecemos a Don Manoel o interese polo noso antepasado e xa nos tarda velo no libro. De paso convidamos a Don Manoel a que cando veña por Galicia nos faga unha visita, estaremos encantados de ensinarlle as instalacións dos Parentes e darlle a proba do viño e do licor café.

Ningún comentario: