26/04/12

O Pena

Hoxe despedimos o Pena, de nome Jesús, un home grande, e ademais forte, cando durmiamos na ribeira de Levices, nós inda nenas, para non ter medo durmiamos pegadas a El. Foi un home bon, nado en Vilameá, e casado en Vilar de Mulleres onde foi un gran veciño, sempre desposto a axudar e con a paciencia suficiente para escoitar e dar un bo consello. Amigo da casa vivimos moitas cousas xuntos unhas boas e outras non tanto, pero el sempre estaba aí. Nos últimos anos recuperouse dunha enfermidade con unha forza de vontade exemplar, toda a súa vida foi un exemplo a seguir.
Acompañámolo na sua ultima viaxe sabendo que a súa vida foi como unha escola para nós. Seguro que no Val De Redes os paxariños non cantan tan alegres como cando el daba os seus paseos por alí.Non te esqueceremos. MARTA e todos os teus amigos de CASA DO GIL