06/01/11

Día de Reis: lembranza do noso tío Anxo

Xa quedou claro noutras entradas que se existen Os Parentes é en parte polo empeño e a axuda do noso tío, que en paz descanse, o cura do Incio.
Hoxe recibimos un agasallo de reis na súa memoria. Pois resulta que o tío durante anos foi gravando cintas con cancións e romances por moitos lugares da provincia. Esas cintas déullelas a Mini e Mero (A Quenlla) que as depositaron no Museo do Pobo Galego de Santiago (Arquivo do patrimonio oral e da identidade) para o seu estudo e divulgación. Alí estanas dixitalizando para que no futuro calquera galego e non galego as poida consultar. Os Parentes queremos agradecer a don Sergio de la Ossa e ao seu equipo o traballo que están a facer recuperando as cintas e poñendo en valor o que fixo o noso tío (dinos que no futuro irán aparecendo máis arquivos).

Como consultar as cintas que xa están preparadas? Pois entrar aquí
-compilador: escoller González, Anxo
-atopar  (abaixo á esquerda)
-nos datos que aparecen pode pinchar en audio para escoitar a cinta, en Anxo González para ver a biografía, etc.

1 comentario:

Anónimo dixo...

O dia de reis,tamen nos lembramos do Anxo no Incio,despois de moitos anos non se celebrou a cabalgata de reis na igrexa,os nenos recibiron os reis acinados nun bar,seica a igrexa é unicamente lugar de culto.Realmente penoso,todas as xeracións que vivimos e sentiamos a igrexa como o noso lugar de reunión,independentemente de pensamentos e creencias,sentimos que nos quitaron algo que sempre foi noso,de todos.Seguramente o Anxo ala onde esté estara botando as mans a cabeza.