05/03/16

En memoria do Pegerto de Quintela

Malas novas tivemos hoxe, o Pegerto de Quintela, parente moi querido por nós finou en Quintela. Sempre alegre e familiar, cantos bos momentos temos pasado con el! Na foto está tocando a caixa cos Barrios nunha festa da empanada de Chantada alá polo ano 1986 na compaña no noso tío tamén finado o cura do Incio (facendo de bombeiro). Seguro que xa o ha estar agardando para botaren un parrafeo. Que en paz descanse o Pegerto e os nosos agarimos para toda a familia.
E nesta máis recente (polo 2000 e pico) co seu sorriso habitual 
E estas dun San Lourenzo na Casa de Baixo:



Ningún comentario: