26/12/13

Santo Estevo de Cartelos

Diciamos o ano pasado que no día do patrón misa cantada e sermón. Seica preguntou na misa o Padre Mauro cal era o costume da parroquia polo patrón e a xente dixo que non se celebraba. Así que hoxe será un día corrente en Cartelos (festas o San Lourenzo e tamén se celebra a Santa Lucía). Pero serve para lembrar o que di da igrexa parroquial Turgalicia: Edificio do século XVIII, con reformas posteriores. Nave de planta rectangular con cuberta a dúas augas. Fachada con arco escarzano na porta e óculo na parte alta do frontis. Pináculos en forma de pirámide nos aleiros laterais. Espadana de dous vans. O retablo maior é Neogótico, e os laterais do século XVIII.

Ningún comentario: