14/11/13

Xubilación do Bernardino

Na nosa familia houbo dúas mestras, Dona Lola e Dona Isolina. Dúas xeracións despois colleu o ramo Don Bernardino. Coma moitos tivo que emigrar a Barcelona, de alí veu para a zona de Rodondela e asentou logo en Boiro sendo moitos anos Xefe de Estudos no Santa Baia. Este ano tocoulle a prexubilación para se dedicar a outras angueiras. O sábado en Boiro foi a comida homenaxe. Os Parentes desexámoslle o mellor nesta nova vida máis descansada.

Ningún comentario: