01/04/13

Partido de fútbol Carballedo-Vilamarín

Conta o Manolo do Tío Bernardo que sendo un rapazolo un día foron xogar ao fútbol á Corveira de Baixo. Que foi o cura do Xeno que era un futbolista de moita categoría. E xa xogaba o cura do Tratante, foron buscar o Lamas de Carballizos e xogaron contra os de Vilamarín que viñan xa todos con traxe de deporte. Pero tiveron pouco que fagher, ao Manolo puxérono de defensa mais estivo descansado que non chegou o balón onda el. Pegáronlles unha boa paliza alí, e os de de Lugo xa levaran canda eles un feixe de bombas. O Manolo aproveitou para lle devolver 500 pesetas ao Rico da Corveira que llas emprestara para devolver na venda dunha mula en Lalín, que o comprador só levaba billetes de 1000. Isto sería alá polos anos corenta e pico do século pasado. Xa choveu.

Ningún comentario: