14/04/12

14 de abril

Hai hoxe 81 anos o Tío Pancho do Arrieiro (Francisco González do Pacio, irmán do noso bisavó) cando se proclamou a 2ª República, saíu ao pendello da casa e co brazo erguido e o dedo índice estirado dixo : si me muero mañana, ya me muero tranquilo, se ha roto el eslabón de la Esclavitud. Como bo cubano sempre utilizaba o castelán. Disque en Trasar había moitos republicanos.
Supoñemos nós que hoxe na Casa Real non estaran moito de festas. O avó caeu cando estaba traballando (nós facemos a festa na matanza do porco e supoñemos que os reis a fan na matanza do elefante), o neto cun pé ferido de escopeta (o Xan de Baixo, en paz estea, sempre tiña a escopeta sen os cartuchos e aberta, por algo era) e do xenro xa é mellor nin falar. É ben certo iso de que" as desgrazas veñen xuntas" ou "iso pasa nas mellores familias".
Menos mal que chove!!! Que a espalda de algún non dá mellorado.

1 comentario:

Anónimo dixo...

España mañana será republicana