05/08/11

Máis do mesmo


O prezo do leite en Galicia sobe, pero aínda é o máis baixo de Europa

O prezo medio entre xullo de 2009 e maio de 2011 foi de 28,84 euros por cada 100 quilos, por debaixo do resto de España e dos cinco grandes produtores europeos
Boas e malas noticias para o sector lácteo en Galicia. Entre xullo de 2009 e maio de 2011, o prezo do leite na comunidade incrementouse un 11,26%, un incremento superior ao do resto do Estado español (8,04%). Así, o valor de cada 100 quilos de leite pasou nese periodo de tempo dos 25,05 euros a 30,14. Sen embargo, este repunte non foi dabondo para conseguir que Galicia siga sendo o gran produtor lácteo europeo que menos recibe pola venda do leite, segundo se desprende dun informe elaborado por Unións Agrarias (UU AA).
En Portugal sitúase en 28,89 euros, fronte aos 29,45 de España ou os 31,92 euros de Alemaña. O maior incremento dos prezos na nosa comunidade rexistrouse entre a primavera e o outono de 2010, no que se pasou de 27,95 euros por cada 100 quilos a casi 31 euros. Neste momentos Galicia (30,14 euros) sitúase nun nivel similar ao de España (30,49), Portugal (30,58) e Francia (30,88). A moita máis distancia atópanse Alemaña (34,44), Dinamarca (36,34) e Holanda (38). Precisamente son os produtores que maior remuneración obteñen (Holanda, Dinamarca e Alemaña) os que máis aceleraron esa recuperación dos prezos neste dous últimos anos. En Alemaña, por exemplo, o incremento foi de case o 43%.
Información collida do Xornal.com (antes Xornal de Galicia en papel)

Ningún comentario: