28/12/10

A cerca da Casa de Baixo


A vella cerca da casa de Baixo de Trasar de Carballo foi construída por un antepasado chamado Xan hai moitos, moitos anos. E tan ben construída que nunca tivo unha borralleira, e aturou cheas, obras ... Pero todo chega ao seu fin, agora vai desaparecer a cerca porque o Xan chegou a un trato coa Xunta de Galicia, vendeulle toda a pedra da cerca para ser empregada nas futuras obras de restuaración da muralla de Lugo. Segurísimo que o antepasado Xan se sentiría orgulloso de saber que as súas pedras foron parar á muralla da capital... e o actual Xan aproveita uns cartiños que lle veñen ben agora que o leite vale pouco.

2 comentarios:

Un curioso dixo...

Unha pregunta e cando un vende así tanta pedra fise o peso ou por metro

Anónimo dixo...

ja, ja, ja, que me rio ca inocentada