03/11/10

O humor do Manolo do Tío Bernardo

Xa leva un mes internado por mor dunha cadeira que lle dá ben a lata. E aínda así sempre ten un conto a man. Falando hoxe do Papa que vén o sábado ... contou cando un día na cantina a señora Teresa viu que saía o Papa na televisión e foi correndo onda o home: Avelino ven pronto que está saíndo o Papa na televisión e nunca o viches. Tampouco il me viu a min nunca, respondeu o señor Avelino.
Así quen non queira ou non poida ir o sábado a Santiago que aplique a filosofía do señor Avelino.

Ningún comentario: