15/08/10

Xantar dos curmáns

Convocados polo Curmán Maior Benigno, os curmáns netos da Carmen de Baixo e do Pepe do Tío Bernardo tiveron o 14 o seu xantar anual na Peroxa moi ben organizado polo Vicecurmán Elías. Presididos polo padriño da Curmandade, o Manolo, e polas madriñas, a Lina e a Pilar estiveron 12 curmáns; só faltou o Manuel porque o seu traballo o retivo nas Canarias. Tamén viñeron as mulleres e maridos dos curmáns e curmás; menos a Marta e a María por motivos de última hora. E a nova xeración, os fillos, tamén se achegaron á Peroxa, só a Alba e a Helena non puideron vir. En total 35. O máis novo, o Santi, aproveitou para ir coñecendo a familia un por un. O curmán Maior pediu un brindis e felicitou a Maricarmen e o Paulo por seren novos funcionarios das Xuntas de Galicia e Castilla y León.
Os primeiros en marcharen foron o Pepe e o Xosé porque estaban de garda nos Parentes e as vacas non saben de festas. A maioría prolongou a tertulia ata as nove, conto vai e conto vén. E os coches foron partindo para Noia, Bueu, Ponferrada, Pontedeume, Cartelos, Chantada, San Mamede, etc.

Ningún comentario: