24/08/11

Visita á Coruña

Aquí está a Pîlar de Baixo diante do portal da casa da Maricarmen na Coruña. Fomos alá verlle o piso e pasarlle o péndulo, deu todo ben, que o disfrute...

21/08/11

Saúdos para a familia de Mila Fernández

Hai unha semana reuniuse a familia Fernández alá por Santa María del Páramo (León). Un abrazo para todos eles, especialmente para o señor Baudilio que ben debeu disfrutar rodeado polos seus. Vén sendo a familia política do noso vicecurmánmaior Bernardino.

20/08/11

O raposo

O Zorro anda a "minar" o Muíño Vello; contan que en tempos da guerra un veciño que era mestre seica fixo unha cova nesta zona para esconderse, despois din que foi utilizada un tempo por maleantes. Así a simple vista está mellor de localizar a que fixo o raposo estes dias, como está ao lado dun souto igual quere o pillabán gardar as castañas no toco para o inverno.
 

19/08/11

De galiñas, ovos e tomates

Ao José da Torre-Cela sobrábanlle os tomates e déullelos ás galiñas e estas deixaron de poñer, el pensou que sería porque xa remataran a tempada de posta... pero en Bueu dixéronlle que galiña que come tomates deixa de poñer ovos. Así que será mellor gobernar os ovos na cociña e depois botarlles o tomate. A Marta, boa criadora de pitas poñedoras, di que non sabe nada diso de que os tomates acaban cos ovos.

17/08/11

Andar á revendía

Lembroulle esta frase que se di moito por onda nós ao Curmán Maior Benigno. Non vén nos dicionarios pero si na internet onde o escritor Xulio López Valcárcel di tela escoitado pola zona de Lugo co significado de á porfía, á competencia (o mesmiño que se lle dá en Carballedo). O que si vén nos libros é unha moi parecida que ten sentido semellante: andar á revengueita. Así que por aquí andar/ir á revendía dise cando (facendo algo) se apura para ver quen acaba antes ou quen o fai mellor.
O que xa non temos tan claro é se escribila con b ou con v