11/02/17

Pasamento de Mariona Marías García en Ortigueira

Veñen tristes estes días. Hoxe alá en Ortigueira fóisenos a nai da María, quédanos a súa lembranza, a súa agradable conversa, o seu sorriso na memoria.
Para a María, o Benigno, o Miguel e demais familia o noso agarimo nestes momentos

10/02/17

Pasamento do Julio de Trasouteiro

Cando eramos novos cantas veces vimos pasar o camión Avia do Julio de Trasouteiro...
Nestes momentos tristes, as nosas condolencias e agarimos para a Ana, o Sindo e o resto da familia

30/01/17

A póutega

A última apotega (póutega) que vin, bonita ela, cando rapaces ias ao monte coas vacas e chupabas nelas, saben parecido ao mel, agora nin imos ao monte coas vacas, nin somos rapaces , nin as volvín ver. Gracias Adolfo por decirme dela


15/01/17

Abelás

Trasplantamos as abelairas, un pouco tarde pero non demos feito antes. Tampouco son correntes por aquí, pero como arbusto que son poden dar algo de froito, de feito o ano pasado soltaron algunhas abelás, non polo S. Lázaro, pero si polo S. Miguel
(fotos do eido e da colleita do ano pasado)
 

 

03/01/17

Máis ditos do Manolo do Tío Bernardo

-A carne de porco, na sala un mes e no fume tres.
-Mira que te mira Dios, mira que te está mirando, mira que te has de morir sin saber cómo ni cuándo

02/01/17

Os carballos e os lóstregos

Coidado cando hai raios. Non nos metamos debaixo dunha árbore. Pero se non hai outro remedio non todas as árbores son iguais. Mellor as baixas que as altas. O bidueiro e o piñeiro son de confianza porque as raíces son horizontais. O peor é o carballo porque a primeira raíz e moi longa é vertical, por iso é moi bo para-raios. E con esa raíz tamén soporta mellor as secas ou temperaturas extremas, porque bebe moi abaixo. (Son máis consellos do Fran Vences da Limia)