Hoxé ás 11:30 na TVG botaron un anaco coa muller e a filla repartindo o pan e falando do oficio de panadeiras, e víronse deixando o pan no Berrello e no Río Búbal da Barrela. Fan un pan moi rico. Tamén o facía hai anos a señora Socorro e viña a Trasar nunha mula traer o pan para a Mamacarmen, o tío Benigno, a señora Anuncia...
24/07/11
22/07/11
Outro triunfador da Barrela, o José Ignacio
Os Parentes sempre nos alegramos dos éxitos dos nosos veciños e que leven con orgullo o nome desta terra na que traballamos polo mundo adiante. Hoxe lendo o Progreso (ver artigo) atopamos unha longa entrevista co José Ignacio... cantas veces entramos no bar do seu avó botar unha quiniela, tomar un café, agardar pola Directa...
16/07/11
Subida automobilistica a Chantada
Di prensa que unhas 30.000 persoas van presencias a Subida desta fin de semana. E onde se vai meter tanta xente? Nós recomendamos as muras do Paco do Guerra que teñen unhas vistas excelentes. E se está el alí na adega aínda pode convidar a un vasiño de auga se hai sede.
15/07/11
Mañá é o Carmen
Grande día, o máis grande, para os mariñeiros. Tamén os gandeiros coma os Parentes, porque Carmen era a nosa avoa (a Carmiña de Baixo), Carmén era a nai do Alfonso. E na casa de Baixo están a Maricarmen e a Carmen. E en Torrejón saudamos a Carmen que coida o tío José. Así que os nosos agarimos para todas as Carmes. Que teñan un bo día. E de foto a Carmiña de Baixo cos seus netos hai unha chea de anos
13/07/11
O alto Fran Vázquez de Saramagal
Di hoxe un diario que o nativo de Saramagal-Carballedo Fran Vázquez (ese que xoga tan ben ao baloncesto no Barcelona) vai dar o pregón das festas en Santiago de Compostela. E igual llo fan dar na torre da catedral para ver se el que é tan alto consegue ver onde esconderon os ladróns o Códice Calixtino ese do que tanto se fala. Consultado o péndulo di que o libro está moi lonxe, mesmo puido chegar ata Budapest.
Esperamos que o correspondente dos Parentes e especialista en baloncesto Paulo nos informe de como foi o pregón do día 21.
12/07/11
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



