08/09/14

Día ben santo: a Nosa Señora do Faro

Hoxe é o día da Virxe do Faro, santa querida, a máis avogosa de todas cantas coñecemos. É tan avogosa que se lle pode pedir de todo, non ten ningunha especialidade coma a maioría dos santos e santas. Pero iso é aquí onda nós, na terra da Mila hoxe celebran as festas da Encina, a súa santa máis querida. E na Franqueira tamén festexan a Nosa Señora. E os asturianos a súa patroa La Santina de Covadonga. E en moitos sitios máis.
E claro, todas estas Santas Virxes han ser da familia, polo menos curmás (cas de fóra de Galicia) ou irmás (coas galegas) e por iso escolleron sos santuarios en sitios altos para se veren nos días claros, que daquela non había blogs, nin facebook nin WathsApp. E por que non?
Noutros tempos no día de hoxe na Casa de Baixo o Xan aparellaba a besta e familia para o Faro!

Ningún comentario: