Hoxe estamos a protestar, de seguir así non podemos
aguantar a presión, o leite págase menos, o penso dispárase e producir forraxes
encarécese moito, só o prezo do gasoil sería suficiente para facer insostible
sementar e colleitar alimentos para o gando cando o prezo do leite está mais baixo que hai 10 anos. Só falamos do gasoil, pero temos moitos máis gastos e ningún
deles baixou de prezo. Agardamos que valla para algo protestar, pois de non botar
man da gandería e o campo en xeral, dentro de poucos anos ( 2, 4, 6 máximo ), as
leiras e prados pasarán a ser xesteiras e monte baixo, e logo lume e
xabaril.Como alternativa queda o turismo rural, pero sen gandeiros xa non
quedarán nin camiños. Mágoa de terriña, cos prados, soutos, hortas, lameiros,
leiras, lamas, chousos, devesas, camiños, congostras, carreiros, portelos,
muiños, chapacuñas, pasás, penedos, fontes, fontelas, regatos, e
mais............, mágoa de que ninguén mire por ela.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2012/08/22/campo-gallego-ante-crisis-extrema-precios-dificil-solucion/0003_201208G22P22993.htm