31/07/14
30/07/14
29/07/14
Andando polo mundo vese de todo, coma esta bicicleta á que o
seu dono (que debe ser un home ben mañoso) lle instalou un interesante motor. O
que si, ao poñela en marcha mete moito ruído.
Como hoxe é Santa Marta felicidades a todas as que se chaman
así e á xente de Santa Marta de Ortigueira familiar da María.
26/07/14
Pilar vacacións II
A Pilar e a Maricarmen seguen facendo turismo coruñés.
Estiveron na feira das marabillas
E tamén no stand da pintora pontevedresa Carmen Pernas, coa
que charlaron amigablemente
24/07/14
Pilar de vacacións
Mándanos saúdos desde a bonita cidade da Coruña (vivir na Coruña que bonito é) onde está a botar uns días de praia coa filla
22/07/14
20/07/14
A Santa Mariña (día 18) coa súa canadiña
Como di Pilar Guerra “xa vén a Santa Mariña coa súa
canadiña” e claro, choveu. Tivemos que facer unha parada na recolleita da herba
seca. Menos mal que andabamos tatos de traballo (como di o Manolo do Tío
Bernardo) e puidemos botar unha sesta por fin (para a xente de cidade, a canada é un recipiente e madeira con asa -tamén se facía unindo latastambor de
sardiñas-; usábase para coller o leite ao
munguir etc.)
Mándannos esta foto de Toén como
exemplo de corredor ben feito e seguro.
Bo sitio para mirar
http://mapas.xunta.es/visores/basico/
Con
esta ferramenta da Xunta pódese ver ben o que tal cambiaron as cousas
en algúns sitios. Noutros parece que case parou o tempo. (enviado polo parente Rubén)
19/07/14
18/07/14
Mellorando accesos
Hai que mellorar os accesos ás casas para que o inverno sexa máis tratable. Iso fixemos en Lobelle diante da Casa do Gil
17/07/14
Vén un aire frío
Xa era o mes de outubro e o Señor de Cartelos aínda non segara a herba. Viña un aire frío e
díxolle o Señor ao Tacón Vello de Burgás. E en que dará este aire, señor Ramón.
O Tacón como sabía o que quería o Señor, respondeu: en calor, señorito, en calor. (Os contos do Manolo, claro).
E fachenda da mellor terra e a mellor muiñeira
E fachenda da mellor terra e a mellor muiñeira
16/07/14
Máis contos do MdoTB
Por cousa da franqueza cometen mil desencantos a muller co seu marido e o sancristán cos santos.
Unha muller subiu ao coche de liña cunha barriga grande,
díxolle un dos pasaxeiros: ai, señora, a vostede metéronlla quente. Respondeu ela:
pois non estaba tan quente que a collín coa mao.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)