26/05/14

Máis contos do Manolo




Os seguidores do blog dos Parentes son adictos ás historias do Manolo do Tío Bernardo e sempre andan a pedir máis. Pois aí lles vai outra.
 


Isto eran dous rapaces que quedaron orfos, os pobres, e a cargo dun tío que tiña moitos cartos. E velaí a conversa dos dous irmáns cando finou o pobre do home.
-Ai, e o tío aínda che nos deixou ben cartos!
-Si oh, aínda che nos podía deixar máis!
-E deixóuchenos os que tiña!
-Pero o tío fumaba tabaco do caro!!!
(vamos que se fumase do barato aínda deixaría máis)

E como estamos en maio di o Manolo que “o que en maio se molla en maio se enxuga”. Como xa son os días longos aínda que chova sempre ha saír o sol para secar. Por iso tamén se di que non hai maio sen torbós nin homes sen collós

25/05/14

Paxaro descoñecido

Apareceu por Basán lesionado, algún dos nosos amigos da Internet sabe de que paxaro se trata?

24/05/14

O can de palleiro protagonista en Rusia

O que nós non valoramos outros o fan. Non fai falta saber ruso para entender este programa sobre o can de palleiro galego, a vaca cachena:


17/05/14

Día das Letras Galegas 2014

Seixa hoxe é o Día das Letras Galegas. Nós nin tempo tempo temos a mirar que andamos acabando a ensila e tapando os silos, disque para a semana xa chove e tamén temos que botar o millo. Así que para nós é todo o ano en galego: na fala, na escrita, no blog, na web, é a fala dos nosos pais e avós e regaláronnola, de balde! Onte ao rematar a xornada vimos que xa tiñamos o .gal que levamos pedindo na nosa web hai anos. A nosa é .eu porque non había .gal, que se non... e xa imos coller o tractor que non hai tempo que perder, boas letras e boa internet! Viva a nosa fala e viva a Internet! (o que é por nós non ha quedar)

15/05/14

Ensila da herba 2014

Andamos ensilando. Bonita vista. Tempo firme e os días grandes. Como dicía o Cesteiro: máis ou menos como o ano pasado por este tempo (foto Xan)

11/05/14

Ensilando e unha apóutega

Empezamos a ensilar, tempo de "pica boi" . Mentres arrincamos e non ... pois atopamos unha apóutega (RAG: Planta da familia das rafflesiáceas (Cytinus hipocistis), parasita das raiceiras das carpazas e doutras cistáceas, de talo branco e follas en forma de escamas carnosas amarelas ou laranxas e flores sen pecíolo da cor do azafrán ou carmesí, apiñadas)

03/05/14

A doutora dona Laura González

Segue a tradición dos médicos de familia nos González, agora dona Laura tamén vai comezar o seu traballo de médica en Pontevedra. Ha dar unha boa doutora.
Igual un día lle vén un paciente e...
-Paciente: quero unha vacina antibritánica
-Laura: dirá antitetánica
-Paciente, o que vostede queira pero eu co que me manquei foi cunha chave inglesa
Ou igual chega outro paciente e..
-Paciente: cando apreto co dedo na barriga, doime, cando apreto na cara, doime, cando apreto na cima do peito doime, eu non aturo, doutora..
-Laura: pois vouno mandar ao especialista a ver que nos di.
Dous anos despois cando xa puido ir ao especialista ...
-Laura: xa vexo que está mellor, que lle dixo o especialista?
-Paciente: que tiña o dedo roto, doutora
Sorte para a parenta Laura no seu MIR!!!

02/05/14

Saúdos desde as Asturias

O parente Anxo manda saúdos desde as Asturias onde anda ocioso estes días, alí están coa semana das mazairas en flor, hai moitas e boas vacas, e mellores chocas


01/05/14

Comer castañas o 1 de maio

Di a Marta que hoxe é obriga comer unha castaña, que en Vilardemulleres todos o fan, trae boa sorte para que non ruben o gando. Noutros lugares polo día de hoxe dábasalles aos necesitados maiolas ou castañas asadas